Archive for May, 2009

reigning sound + the disciplines @ apolo, bcn (PS’09)

May 28, 2009

O martes decidín pasarme pola Sala Apolo para ver a nova banda de Ken Stringfellow, The Disciplines, e a Reigning Sound (The Right Ons pechaban a noite pero non me quedei a velos).

DDD2335 001

Cheguei á sala cando a banda do cantante e guitarrista de The Posies xa comezara o seu concerto. Agora Ken Strigfellow faise acompáñar duns colegas noruegos con que en febreiro lanzou o seu disco de debur titulado Yours For The Taken o cal presentaron case na súa totalidade. Power-rock con ese toque medio macarra/medio pose que tanto lles gusta alá polo norte. Stringfellow pasouse case todo o concerto na pista, cantando dende a barra do fondo, subíndose a todo o que vía e animando á xente a botar e a pasalo ben, cousa que conseguiu a base de bo humor e rock and roll. Son moi fan de The Posies e este tipo cáeme moi ben.

DDD2335 004

Ás 21.00 en punto chegaba o plato forte da noite, Reigning Sound. Antes de nada teño que decir que descoñecía completamente a esta banda ata hai unhas semanas e sorprendéronme moito e para ben.

Comezaron moi cañeros e acabaron moito máis. Garage punk de alto voltaxe con sentimento soul e toques de alt-country. Sí, todo isto misturado só pode ser síntoma de diversión. Descargaron temas do seu novo disco Love & Curses e do resto da súa discografía prestando máis atención ao seu disco máis punk Too Much Guitar. Tema tras tema todos me pareceron moi bós, e, sen apenas pausa entre eles, a xente cada mez meteuse máis no concerto e todos acabamos rendidos ós seus pés. Cincuentóns con sangue no corpo e grandes músicos.

Canto teñen que aprender a maioría de bandas de hoxe e día…

 

Texto, fotos e vídeos por: dominoes.

hoxe comeza o primavera sound 2009!

May 28, 2009
 

 

 

Xa pasou un ano, parece mentira, e o Primavera Sound abre suas portas dentro dunhas poucas horas para ofrecernos 3 días de sobredosis musical. Demasiado tempo pasarei no Fòrum esta fin de semana asique antes hai que ter claro o que un vai a ver (e o que un se vai a parder, está claro).

Aquí poño os horarios de hoxe e uns videos das bandas que recomendo ver. Principalmente o que máis me gusta de hoxe, sen dúbida son The Jesus Lizard e My Bloody Valentine aínda que espero pasarme por Cuzo, The Bats, Lightning Bolt ou The Vaselines, e esa locura final no escenario Rockdelux que son Aphex Twin e Squarepusher. Pero tamén jódeme perderme a bandas como Dead Meadow ou o sueco The Tallest Man On Earth pero xa se sabe que un non pode ter todo.

Sen máis, saúdos e disfruten do espectáculo.

DIJOUS / JUEVES / THURSDAY 28

 

 

 

ESTRELLA DAMM

 

 

 

19:30 Spectrum

21:45 Yo La Tengo

00:20 My Bloody Valentine

 

 

 

ROCKDELUX

 

 

 

18:30 La Bien Querida

20:35 The Vaselines

23:20 Phoenix

01:35 Aphex Twin

03:50 Squarepusher

 

 

 

ATP

 

 

 

19:00 Magik Markers

20:45 Lightning Bolt

22:30 The Jesus Lizard

00:15 Dead Meadow

01:45 Wooden Shjips

02:45 Dr. Kiko

 

 

 

PITCHFORK

 

 

 

17:00 Veracruz

18:15 Women

19:30 Girls

20:45 The Tallest Man On Earth

22:00 Bowerbirds

23:30 The Bug

01:00 Ponytail

02:15 Wavves

 

 

 

RAY-BAN VICE

 

 

 

18:00 Cuzo

19:15 The Bats

20:30 Marnie Stern

21:45 Joe Crepúsculo y Los Destructores

23:00 Andrew Bird

00:30 Jay Reatard

01:45 The Horrors

03:00 Ebony Bones

04:00 Meneo

 

 

the rolling stones vs. the sisters of mercy.

May 28, 2009

Numerosas bandas e artistas versionaron ó longo dos anos o primeiro track de Let It Bleed. Xente como Grand Funk Railroad, Hawkind, Meat Loaf, Patti Smith, The Hellacopters, Turbonegro, Goo Goo Dolls ou Sheryl Crow son algúns deles.

Poño a versión de The Sisters Of Mercy por escaparse un pouco da orixinal e darlle outra visión, xa que as outras son demasiado obvias, pero non por boa. Esta incluída no recopliatorio Some Girls Wander by Mistake de 1992.

VS.

y ellos se juntan: led zeppelin & neil young.

May 27, 2009

En 1995 Led Zeppelin foron premiados e incluídos no famoso Rock And Roll Hall Of Fame.

Aproveitando a ocasión tocaron algúns temas coma este ‘When The Levee Breaks’ acompañados pola guitarra sucia de Neil Young. Moi grande.

gary louris & mark olson ‘live at the current’, online.

May 26, 2009

Actuación de GARY LOURIS e MARK OLSON no programa de radio The Current presentando dúas canción do seu disco conxunto «Ready For The Flood».

THE JAYHAWKS ESTARÁN TOCANDO O SÁBADO 30 NO ESCENARIO ESTRELLA DAMM ÁS 19:00 DA TARDE.

bat for lashes ‘live from the cd101 big room’, online.

May 26, 2009

Sesión para radio de BAT FOR LASHES gravada dende a Big Room da estación CD101.1 de Columbus, Ohio, o 10 de xaneiro de 2007.

BAT FOR LASHES ESTARÁ ACTUANDO O VENRES 29 NO ESCENARIO ESTRELLA DAMM DO PS’09 ÁS 19.10 DA TARDE.

damien jurado ‘live at tanned tin 2007’, online.

May 26, 2009

Video bootleg do concerto que ofreceu DAMIEN JURADO no festival Tanned Tin de Castellón en 2007.

DAMIEN JURADO ESTARÁ TOCANDO O VENRES 29 NO AUDITORI DO PS’09 ÁS 17:00 DA TARDE

the answer ‘acoustic at nvtv’, online.

May 26, 2009

Actuación acústica do grupo irlandés THE ANSWER para o programa Kick Out The Jams do canle NvTv.

mclusky en directo no programa ‘pop factory’.

May 25, 2009

Actución do grupo galés MCLUSKY no programa Pop Factory da BBC Wales.

ps’09: showcases mércores 27 de maio.

May 25, 2009

Os horarios das actuacións do mércores 27 son estes:

SALA APOLO, ACUARELA SHOWCASE

20:00 BÉLMEZ – 21:00 AGENT RIBBONS – 22:00 DÄLEK – 23:00 ZU

AGENT RIBBONS

DÄLEK

ZU

SALA SIDECAR, HOLY COBRA SOCIETY SHOWCASE

22:00 ÜBER – 24:00 MULETRAIN – 00.15 THE INTELLIGENCE

ÜBER

MULETRAIN

THE INTELLIGENCE