Archive for the 'babes in toyland' Category

O documental ‘1991: The Year Punk Broke’ online.

abril 13, 2009

‘1991: The Year Punk Broke’ é un documental de 1992 dirixido por Dave Markey. Nel móstranse a un gran número de bandas de punk e de rock alternativo xirando por Europa, con especial atención en Sonic Youth e Nirvana, pero non se olvida de grupos como Dinosaur Jr., Babes in Toyland, Gumball ou os Ramones. Tamén se pode ver a membros de Mudhoney, Courtney Love, ou o roadie de Black Flag Joe Cole, quen foi asasinado 3 meses antes de que rematara o filme, o cal está adicado a súa memoria.