Archive for the 'atari teenage riot' Category

REUNIÓN E NOVO SINGLE DE ATARI TEENAGE RIOT.

marzo 13, 2010

O 10 de xaneiro saltou a noticia: Atari Teenage Riot volven á carga despois de unha década de inactividade. A banda separouse no ano 2000 pouco despois do lanzamento do seu último disco 60 Second Wipe Out e, un ano despois, Carl Crack foi atopado morto no seu apartamento deixando por imposible unha volta á actividade da banda berlinesa.

Nic Endo e Alec Empire seguiron traballando conxuntamente na carreira en solitario de éste último e colaborando con outros artistas como Dillinger Escape Plan, Patrick Wolf e remezclando a Rammstein, Coil, Primal Scream ou Guitar Wolf entre outros. Pola súa parte Hanin Elias seguiu seu traballo en solitario creando Fatal Recordings, selo onde sacaría seu propio material, os notables No Games No Fun (2003) e Future Noir (2004), ata 2006, ano no que dou peche a súa discográfica e decidiu descansar do mundo da música.

Na actualidade Empire e Endo siguen traballando e xirando constantemente e Elias está preparando un novo álbum de estudio, por iso, xusto agora, é máis que sorprendente a noticia da reunión da banda máis revolucionaria dos 90.

Alec Empire confirmou que estarán xirando polos escenarios dos festivais europeos este verán e para ir abrindo boca esta semana estreábase un novo single, titulado ‘Activate!’ que se porá á venda este próximo 17 de marzo e que podedes escoitar no seguinte enlace.

 Escoita: Atari Teenage Riot – ‘Activate!’.

+ info e datas do tour en http://www.atari-teenage-riot.com/