Archive for the '– ACTUACIONES EN TV' Category

IMELDA MAY ‘LIVE IN OTHER VOICES 2010’, online.

agosto 10, 2010

 

Presentación, entrevista e actuación de Imelda May o 10 de febreiro de 2010 no programa Other Voices da RTE irlandesa onde presanta un tema do seu último LP Mayhem.

Eternity / Knock 123

Kentish Town Waltz

Pull The Rug

KISS EN DIRECTO NO PROGRAMA ‘THE MIDNIGHT SPECIAL’ EN 1975.

febrero 25, 2010

Actuación de Kiss no programa The Midnight Special do canle americano NBC en 1975. Nela podemos escoitar ‘Deuce’, ‘She’ e ‘Black Diamond’ que foron as tres cancións que foron emitidas (fora de emisión quedou ‘Come On And Love Me’). Istos son Kiss en estado puro.

MINUTEMEN ‘ACOUSTIC BLOW-OUT’, concerto online.

febrero 12, 2010

Actuación acústica dos Minutemen nun programa da televisión por cable americana chamado Blow-Out en 1985 onde reinterpretan os seus ruidosos temas dunha forma maxistral e danlle outra visión a clásicos da Creedence ou BOC. ¡Isto si que é punk!. Imperdible.

Corona / Themselves / Badges / I Felt Like A Gringo Time.

Lost (Meat Puppets) /Ack Ack Ack Ack / History Lesson Part II / Tour Spiel.

Little Man With A Gun In His Hand

The Red And The Black (Blue Öyster Cult)

Green River (Creedence Clearwater Revival)

ESPECIAL: THE JOHNNY CASH SHOW.

febrero 10, 2010

The Johnny Cash Show foi un programa de música e variedades conducido polo xigante do country durante 1969 e 1971, tempo durante o cal se emitiron 58 episodios, todos e cada un deles presentados por Johnny Cash acompañado de sua troupe: June Carter e a Carter Family, Carl Perkins, The Statler Brothers e The Tennessee Three.

Os programas graváronse no Ryman Auditorium de Nashville, casa do Grand Ole Opry, o templo da música country, folk e gospel de América. Foron moitos os grandes artistas que pasaron polo programa: Bob Dylan, Louis ArmstrongThe Monkees, Ramblin’ Jack Elliott, Dusty Springfield entre outros aínda que quizais as actuacións máis sobresaíntes son as que se presentan nos seguintes videos.

Roy Orbison, Joni Mitchell, Neil Diamond e Credence Clearwater Revival

James Taylor, Neil Young e Carl Perkins

Jerry Lee LewisDerek and the Dominos.

Johnny Cash, Eric Clapton e Carl Perkins

ELLIOTT SMITH NA TELEVISIÓN HOLANDESA.

febrero 2, 2010

En novembro de 1998 Elliott Smith apareceu no programa 2 Meter Sessions da televisión holandesa para ser entrevistado, falar do seu paso polos premios Oscar de Holywood e tocar uns dos seus temas ó piano (‘Waltz #2’, ‘I Don’t Understand’ e ‘Miss Misery’).

SONIC YOUTH ‘SESSIONS AT WEST 54th ST.’, online.

enero 13, 2010

Presentación de Sonic Youth nas Sessions at West 54th St. do canle PBS en xuño de 1997 onde presentaron tres temas instrumentais incluídos no seu LP A Thousand Lives, editado pouco despois desta gravación.

RAREZAS: THE WHO NA TELEVISIÓN SUECA EN 1966.

enero 8, 2010

Presentación dos grandiosos The Who no programa musical Popside da televisión sueca onde interpretan algunhas cancións do seu primeiro LP The Who Sings My Generation. Gravado o 5 de xuño de 1966.

The Ox/Daddy Rolling Stone

It’s Not True

Bald Headed Woman

The Kids Are Alright

My Generation

THE SOUNDTRACK OF OUR LIVES NA TV CANADENSE.

diciembre 11, 2009

Actuación dos suecos The Soundtrack Of Our Lives no programa Music + da televisión canadense onde interpretan ‘Mantra Slider’ e ‘Sister Surround’, a primeira do seu disco debut Welcome to the Infant Freebase e a seguinte do 3º LP da banda Behind The Music.

WEEZER PRESENTAN NOVO TEMA NO SHOW DE LETTERMAN.

noviembre 7, 2009

Aquí temos a Rivers Coumo e seus Weezer presentando un tema novo, ‘I’m Your Daddy’, do seu último álbum Raditude no famoso Late Night…with David Letterman o pasado 30 de outubro.

Por certo, destacar que dende a última xira do seu Red Album o mesmísimo Josh Freese encárgase da batería mentres Patrick Wilson encárgase da guitarra.

JIM JONES REVUE EN DIRECTO NA TV FRANCESA.

octubre 22, 2009

Despois do apoteósico concerto de Jim Jones Revue onte á noite no Sidecar barcelonés cun increíble sold-out déixovos un video gravado en febreiro no programa Album De La Semaine do Canal+ francés onde interpretan ‘Cement Mixer’ do seu homónimo álbum debut.

¡Que volvan xa!