Archive for the '– CRÓNICAS' Category

THE GORIES ‘THE BANDIN’ SESSION’, online.

julio 28, 2009

Concerto da mítica banda de garage punk The Gories gravado para o programa da televisión de Detroit dirixido por George LeesBandin’ a finais dos anos 80.

Recomendadísimo!!!

Anuncios

ps’09: crónica do sábado 30

junio 2, 2009

Pois chegaba o último día no Fòrum de Barcelona, con un notorio incremento de espectadores e un sol de xusticia.

P5300011

Ás 19.00 saían The Jayhawks ó escenario ED para poñer un pouco de melodía e boas cancións entre tanto grupo ruidista. Alí estaban Mark Olson e Gary Louris outra vez xuntos, coma se en todos eses anos que estiveron distanciados non pasasen, e qué gusto da velos. Soaron todos os clásicos da primeira metade dos noventa como ‘Blue’ ou a súa versión de ‘Bad time’ dos Grand Funk Railroad. Aquelo era maravilloso pero á hora rematou e eu quería máis. Non pudo ser. Esperemos que saquen novo material e fagan unha xira de salas. ata entón esto sirvéunos de aperitivo.

P5300027

Cando rematou acercámonos ó Salón Mypace xa que estaban anunciados os Black Lips pero alí apareceu un deles para decirnos ue andaban perdidos entre a marea humana e que nos veríamos ás 3 da mañá no Ray-Ban Vice, asique nos fumos a ver a Herman Dune no Rockdelux. É un grupo que nin me vai nin me ven asique non lles prestei moita atención, estaba pensando en Neil.

P5300039

Ás 21.30, con un cuarto de hora de retraso, aparecía o abuelo, o mestre, o artista máis grande que pisou un escenario do Primavera Sound, e, segundo a organización, a contratación máis laboriosa da súa historia. Neil Young!!!

Arrancou o concerto coas rockeiras ‘Mansion on the hill’ e ‘Hey hey, my my’ un pouco deslucidas debido o baixo volume que tiveron os primeiros temas, a única pega que se lle pode poñer ó concerto. Seguiron as folkies ‘Are you ready for the country?’ e ‘Everybody knows this is nowhere’. Sucedéronse temas da época setenteira de Young ata chegar ó climax con ‘Cortez the killer’. Me cago en Dios, qué puto temazo!. E a pel de galiña quedóuse en min ata ó final do concerto. ‘Cinnamon girl’, ‘The needle and the damage done’, ‘Heart of gold’, ‘Old man’, ou ‘Down by the river’ entre outras ata chegar a final ‘Rockin’ in the free world’, a de veces que escoitei este tema e xuro que nunca me emocionou tanto coma o sábado, qué grande!

P5300069

Neil despedíase cun sorriso, a bufanda do FC Barcelona no pescozo e moi agradecido. Como é costume, despois duns minutos de aplausos e asubíos de parte do público, Neil e súa banda voltaron o escenario para rematar a faena con unha versión catártica de ‘A day in the life’ dos Beatles. 10 minutos de delirio con Neil Young arrancando as cordas da sua guitarra antes de marcharse. 64 anos ten este tío. Non hai máis que decir.

Decidimos descansar un pouco vendo dende as gradas o concerto de Deerhunter, que non me apasionou nada de nada e no cal botei máis de medio cnocerto para mercar uns conos de pizza.

P5300088

Voltamos ao Estrella Damm para ver, por primeira vez no meu caso, ós neoiorquinos Sonic Youth. Que si son un coñazo, que si só fan ruido, que alargan os temas 15 minutos. Non houbo nada diso o sábado no Fòrum. Unha banda en estado de gracia, que despois de 25 anos seguen sendo eles mesmos e en mellor forma que nunca. Non ten moita explicación pero é así.

P5300089aa

Comezaron con ‘Brother James’ do seu primeiro EP Kill Yr Idols e ata que se retiraron para o bis só tocaron temas do seu novo disco The Eternal, cairon ata 6 cancións, 3 do Daydream Nation e ‘Tom Violence’ do Evol. Un setlist quizáis non moi acertado para os seus fans pero e que a min dame igual o que toque esta xente. Teñen tantos bós temas que sempre se quedarán moitísimos fora da lista. Aínda así nos bises regaláronos unha estupenda ‘Bull in the heather’ e, para rematar, ‘Expressway to yr. skull’. Grandes.

Despois de aquelo xa non me esperaba nada máis que ir a descansar pero o PS tíñanos reservado o mellor final de festa. tiña pensado ver un pouco de El-P pero aos 10 minutos de actuación él seguía sen aparecer mentres seu DJ pinchaba uns temas asique fumos ata o escenario RBV co concerto dos Black Lips xa comezado. E vaia festa que montaron estes tíos. Alí botaban ata os camareiros. Rock garageiro e moderno para toda a marabunta alí congregada. O seu hiperactivo guitarrista rematou o concerto tocando a guitarra coas súas partes e él mailo baixista remataron dándose un paseo polas cabezas dos das primeiras filas. Hai gañas de volver a velos.

Fin de festa no escenario ATP con DJ Coco pinchando temas de tóda-las épocas e estilos, mellores e peores, pero ali permanecín ata que non puiden máis.

En fin, un gran festival no cal os 90 euros que paguei pola entrada foron moi ben invertidos. Esperemos que para o ano que ven o nivel siga manténdose, cousa que non dubido. Eu pillareime o abono cando saia á venda, seguro.

Sen máis, vémonos no Primavera Sound 2010!

 

Texto, fotos e vídeos por: dominoes.

ps’09: crónica do venres 29

junio 1, 2009

P5290106

O venres chegamos con restraso para ver a Magnolia Electric Co. e só puidemos ver o bis, a xente parecía encantada e polo que me comentaron foi un gran concerto. Non o dubido. Parece ser que en outubro volven a Barcelona asique xa terei a oportunidade de velos en sala como Dios manda.

P5290125

Despois diso tocou facer a tan comentada cola para mercar tiquets e da ahí o escenario grande a ver a Bat For Lashes. A súa actuación no Daydream do ano pasado non me convencera pero o venres estivo xenial, con bó sonido e con Natasha Khan máis solta e segura no escenario. Os novos temas, máis electrónicos, non desentoaron con os do seu álbum debut senon que melloraron bastante o concerto. Infinitamente mellor que no Daydream.

De alí pasámonos polo Salón Myspace para ver a Kitty, Daisy & Lewis. A súa actuación estaba prevista para as 20.20 pero non foi ata as 21.00 que comezaron o seu mini-set. Antes pasaron por alí a Limbo Starr Orquesta (con membros de Half Foot Outside ou Brian Hunt) e despois o grupo toledano PAL. Ningún dos dous me gustaron nada.

P5290146

Chegaron a nova sensación do rock 50’s e arrasaron. Catro temas foron suficientes para poñer a todo o personal alí congregado en pé, a dar palmas e a bailar. Os nenos multi-instrumentistas fánse acompañar dos seus pais (él á guitarra acústica e ela ó contrabaixo) e dun trompetista. Alí sonaron ‘Buggin’ blues’ ou esa gran revisión do ‘Going up the country’ de Canned Heat. Haberá que esperar a que os traian a algunha sala da cidade e disfrutar dun concerto deles en condicións. Moito futuro hai neles.

Chegamos o escenario Rockdelux cando soaba o último tema da actuación de Spiritualized e de alí pasamos polas carpas de comida a coller forzas para o que se nos viña enriba.

P5290179

Ás 22.30 saíron a escea os dous integrantes da banda de drone-doom Sunn O))) os cales ían interpretar na súa totalidade o seu disco debut The Grimmrobe Demos. Estivemos alí 20 minutos, os suficientes para saber como iría o resto do concerto. É moi difícil criticar a súa actuación. A algúns flipánlle o roio que levan e a outros parécelles unha tomadura de pelo. Eu estou máis de parte dos segundos.

P5290205aa

De alí voltamos ó Rockdelux onde xa comezara o concerto de Throwing Muses, a banda de Kristin Hersh. E moi ben estivo a cousa, cun repertorio moi guitarreiro e Kristin, moi ben vocalmente, pasándo do susurro ata os gritos máis grunges de todo festival. Un notable para eles.

De volta no ATP para ver ós australianos The Drones na súa segunda aparición no festival barcelonés. Gustóume moito a sua breve actuación, con Gareth Liddiar na súa liña, vivindo cada tema coma se fose o último e, no medio do repertorio, o seu tema máis coñecido, e un dos grandes temas desta década na miña humilde opinión, ‘Sharkfin blues’. Outros que deberían volver a algunha sala da cidade.

Quedámonos comendo os famosos conos de pizza mentres agardábamos a aparición da banda de Steve Albini, Shellac. O mellor concerto do día, sen dúbida, e é que estes tres tipos non fallan nunca. Prestando máis atención o último Excellent Italian Greyhound os de Chicago fixeron un repaso en unha hora dos seus catro discos e presentaron un tema novo para un recopilatorio do selo Touch & Go. Enormes, sobre todo na longuísima ‘The end of radio’.

O fin de festa estaba no escenario Ray-Ban Vice onde xa empezaran o seu concerto os ochenteiros A Certain Ratio. Quedámonos alí un cuarto de hora e soaban moi ben pero o cansancio era maio que as gañas de move-lo esqueleto asique decidimos retirarnos e descansar para o último e gran día do festival…

 

Texto, fotos e vídeos por: dominoes.

ps’09: crónica do xoves 28

junio 1, 2009

 

Bós días, despois de un fin de semana maratoniano xa estou en condicións de facer un resumo do que vin no PS.

DDD2336 022

O meu festival comezou o xoves ás 18.15 con Women no escenario Pitchfork, vin cinco temas, o suficiente para aformar: mucho ruido y pocas nueces. Non me gustaron. De ahí ata o escenario Ray-Ban Vice para ver dous temas de The Bats, soaban ben pero tiña outros deberes que cumplir.

Despois de iso pasámonos a ver que tal soaba Spectrum, o grupo de Pete Kember (ex-Spaceman 3). 20 minutos de riffs de guitarra repetitivos e interminables. Adeu.

DDD2336 033

Aquí chegaba a primeira dura decisión The Vaselines, Lightning Bolt e The Tallest Man On Earth á mesma hora. Perdeu o noruego a aposta e imos o escenario Rockdelux onde ían comezar a banda escocesa adorada por Kurt Cobain.

DDD2336 041

Na primeira media hora The Vaselines xa tocaran ‘Son of a gun’, ‘Jesus doesn’t want me for a sunbeam’ e ‘Molly’s Lips’, asique aproveitamos para escapar ata o ATP donde Lightning Bolt estábana liando gorda. Primeiras grandes sensacións véndoos. Pogo nas primeiras final e un gran sonido e, sobre todo, esa locura de batería dominando todo. Premio para él.

DDD2336 067

Ó rematar o concerto descanso obligatorio para cear algo e coller forzas para o concerto máis esperado do día para min, The Jesus Lizard, e vaia se o foi, o concerto que máis disfrutei de todo o festival. Dende o primeiro tema saíron a comernos a todos e, se en algo diferencian do resto de bandas é por un home, David Yow. Qué bestia escénica, qué clase. No segundo tema xa estaba levitando sobre o público, aos de seguridad volveunos tolos durante todo o concerto. Steve Albini ríase dende o lateral do escenario. Unha hora de concerto e adeus. Iso foi unha reunión de verdade, moi grandes.Despois do gran concerto a metade do abono xa estaba ben invertido.

Había que facer tempo e sentámonos nas gradas a ver a Phoenix. Son un grupo de mierda e o primeiro tema xa estaba camiño do céspede do ED esperando a My Bloody Valentine. Ás 00.20 comezaron os Portishead desta edición, so que claro, nin teñen temas para competir con os de Bristol nen a actitude de estes, asique non tiña moitasa esperanzas de ver algo grande. Trabuqueime. foron moi grandes nos primeiros 40 minutos, o tempo xusto que pode aguantar un oído medio humano o volume ó que tocan estos colgados. Comezaron moi ben e gustándome moito para acabar pedindo á hora, como no fútbol. Despois de ‘Feed me with your kiss’ e, como non, ‘You made me realise’ destrozáronos os tímpanos con 15 minutos de ruido apocalíptico e infernal que ben se podían aforrar xa que resultou insoportable.

O meu día rematou con Aphex Twin no Rockdelux atacando súa faceta máis minimal, cousa que se agradeceu despois do vivido anteriormente. Cando comezou a meterlle máis caña á mesa foi tempo de ir a descansar.

Aínda nos quedaban dous duros días máis por diante…

 

Texto, fotos e vídeos por dominoes.

reigning sound + the disciplines @ apolo, bcn (PS’09)

mayo 28, 2009

O martes decidín pasarme pola Sala Apolo para ver a nova banda de Ken Stringfellow, The Disciplines, e a Reigning Sound (The Right Ons pechaban a noite pero non me quedei a velos).

DDD2335 001

Cheguei á sala cando a banda do cantante e guitarrista de The Posies xa comezara o seu concerto. Agora Ken Strigfellow faise acompáñar duns colegas noruegos con que en febreiro lanzou o seu disco de debur titulado Yours For The Taken o cal presentaron case na súa totalidade. Power-rock con ese toque medio macarra/medio pose que tanto lles gusta alá polo norte. Stringfellow pasouse case todo o concerto na pista, cantando dende a barra do fondo, subíndose a todo o que vía e animando á xente a botar e a pasalo ben, cousa que conseguiu a base de bo humor e rock and roll. Son moi fan de The Posies e este tipo cáeme moi ben.

DDD2335 004

Ás 21.00 en punto chegaba o plato forte da noite, Reigning Sound. Antes de nada teño que decir que descoñecía completamente a esta banda ata hai unhas semanas e sorprendéronme moito e para ben.

Comezaron moi cañeros e acabaron moito máis. Garage punk de alto voltaxe con sentimento soul e toques de alt-country. Sí, todo isto misturado só pode ser síntoma de diversión. Descargaron temas do seu novo disco Love & Curses e do resto da súa discografía prestando máis atención ao seu disco máis punk Too Much Guitar. Tema tras tema todos me pareceron moi bós, e, sen apenas pausa entre eles, a xente cada mez meteuse máis no concerto e todos acabamos rendidos ós seus pés. Cincuentóns con sangue no corpo e grandes músicos.

Canto teñen que aprender a maioría de bandas de hoxe e día…

 

Texto, fotos e vídeos por: dominoes.

bob dylan @ echo arena, liverpool (1 de maio de 2009).

mayo 4, 2009

p1120444

Esta fin de semana fun a pasar uns días coa miña rapaza a Liverpool onde, por casualidade, tocaba Bob Dylan o venres. Eu tiña marcada esa data no meu calendario xa facía tempo pero non tiña esperanzas de conseguir entradas, xa que, segundo me comentaran, levaban tempo agotadas, e meus esforzos por tentar mercalas por Ticketmaster foron nulos. Asique chegou o venres á tarde e unha amiga máis nós decidimos acercarnos ata o Echo Arena para ver se podíamos atopar a alguén que nos vendera algunha. Por sorte na taquilla aínda quedaban algúns tickets, en pista e os máis económicos (37 libras). Non o dubidamos e mercámolos.

Pasaban das 19.30 da tarde cando apareceu en escea Robert Allen Zimmerman e súa banda para ofrecernos un gran concerto de 2 horas, que, persoalmente, non olvidarei en moito tempo.

p1120437

Comezou co seu single de 1971 ‘Watching The River Flow’, fixo un breve repaso a súa extensa discografía e sen presentar nin un só tema do seu novo disco ‘Together Through Life’. O momento máis emotivo do concerto foi o regalo en forma de versión dos Beatles que ofreceu ós alí presentes: ‘Something’, o tema escrito polo seu amigo e difunto George Harrison. Este é o setlist completo.

 
1. Watching The River Flow (Bob on keyboard)
2. Don’t Think Twice, It’s All Right (Bob on keyboard)
3. Things Have Changed (Bob on keyboard)
4. Boots Of Spanish Leather (Bob on guitar)
5. The Levee’s Gonna Break (Bob on keyboard)
6. Sugar Baby (Bob on keyboard)
7. Tweedle Dee & Tweedle Dum (Bob on keyboard)
8. Po’ Boy (Bob on keyboard)
9. It’s Alright, Ma (I’m Only Bleeding) (Bob on keyboard)
10. Just Like A Woman (Bob on keyboard)
11. Highway 61 Revisited (Bob on keyboard)
12. Something (Bob on keyboard)
13. Thunder On The Mountain (Bob on keyboard)
14. Like A Rolling Stone (Bob on keyboard)
   
  (encore)
15. All Along The Watchtower (Bob on keyboard)
16. Spirit On The Water (Bob on keyboard)
17. Blowin’ In The Wind (Bob on keyboard)

Band Members:
Bob Dylan – keyboard, guitar, harp
Tony Garnier – bass
George Recile – drums
Stu Kimball – rhythm guitar
Denny Freeman – lead guitar
Donnie Herron – violin, viola, banjo, electric mandolin, pedal steel, lap steel

Aquí uns videos que grabei.

Ao día seguinte fumos ata Manchester a ver outro concerto, pero iso é outra historia…