Archive for the 'greg dulli' Category

THE TWILIGHT SINGERS EN DIRECTO NO SHOW DE KIMMEL.

septiembre 21, 2009

Actuación de The Twilight Singers acompañados por Joseph Arthur no programa Jimmy Kimmer Live! do canle americano ABC, onde interpretan ‘Sublime’ (do seu EP A Stitch In Time de 2007 e ‘Forty Dollars’ (do seu último LP Powder Burns editado en 2006)

MARTINA TOPLEY-BIRD vs THE TWILIGHT SINGERS.

agosto 30, 2009

‘Too Tough To Die’ é un tema incluído en Quixotic (2003), o primeiro álbum en solitario de Martina Topley-Bird, ex-moza, colaboradora e nai dun fillo de Tricky.

Dous anos máis tarde os Twilight Singers de Greg Dulli incluían a canción no seu disco de versións She Loves You e adaptábana perfectamente ó estilo da banda dándolle un aire  máis acertado que a versión orixinal (na miña humilde opinión).

VS.

JOSE GONZALEZ vs. THE GUTTER TWINS.

junio 8, 2009

‘Down The Line’ é un tema composto polo sueco José González e que está incluído no seu segundo LP In Our Nature de 2007. Un ano máis tarde Greg Dulli e Mark Lanegan comezaron a versionalo nos seus concertos como The Gutter Twins, con tan boa aceptación por parte do público que se converteu nun dos temas estrelas da súa xira de presentación como banda. O pasado setembro incluíron o tema no seu EP de versións e rarezas Adorata.

VS.

the twilight singers ‘live on morning becomes eclectic’.

abril 20, 2009

Aparición dos Twilight Singers de Greg Dulli na famosa emisora americana KCRW no programa Morning Becomes Eclectic o 5 de marzo de 2004, durante a presentación de seu disco ‘Blackberry Belle’.

  • Papillon

  • If I Were Going (Afghan Whigs)

  • Decatour St.

  • Number Nine (con Mark Lanegan)

    +Entrevista

Especial: Greg Dulli, actuacións en tv. (parte ii)

abril 20, 2009

‘Having A Party’, versión en directo do tema de Sam Cooke no programa Late Late Show with Craig Ferguson da CBS. (1998)

‘Forty Dollars’ en directo, actuación de The Twilight Singers no programa Jimmy Kimmer Live! da ABC. (2006)

‘Idle Hands’ en directo, actuación de The Gutter Twins no programa David Letterman’s Late Show. (2008)

‘Idle Hands’ en directo, actuación de The Gutter Twins no programa Later…with Jools Holland da BBC. (2008)

‘God’s Children’ en directo, actuación de The Gutter Twins no programa Later…with Jools Holland da BBC. (2008)

tema inédito dos afghan whigs.

abril 20, 2009

Hai un par de días publicouse un tema inédito dos Afghan Whigs de Greg Dulli a través do seu myspace.

O tema en cuestión é nin máis nin menos que unha versión de ‘Woman’ de John Lennon. Aquí pego o que foi a historia de esta canción e porqué permaneceu tanto tempo sen ver a luz.

In 1996, during the recording sessions for the album that would be called “Black Love”, the Afghan Whigs were
asked to choose a song to cover for a planned tribute album to the late John Lennon. They agreed and chose to
do a version of the song “Woman” from Lennon and Yoko Ono’s 1980 record “Double Fantasy”.

However, when the label heard that the Whigs version had been based on a sample of Phil Spector’s string and
choral arrangement from The Beatles’ “The Long and Winding Road” they referred this matter to the Paul McCartney
camp and permission was flatly denied. The band refused to change it and the entire tribute record was subsequently
shelved for unknown reasons.

At the last minute, band collaborator Derek DiCenzo painstakingly recreated the sample using a mellotron and his
infinite talent.

Until now this version has not been heard before. The reasons for revealing it at this particular time are equally
unclear, but here it is…

Ésta é  a versión orixinal que estaba incluída no álbum ‘Double Fantasy’ e que foi editada só 3 semanas antes da morte de John Lennon.