Archive for the 'marilyn manson' Category

‘ON TOUR: HOLE & MARILYN MANSON’, reportaxe online.

octubre 26, 2009

Reportaxe emitido pola MTV sobre a tormentosa xira conxunta que realizaron Hole e Marilyn Manson en 1999 (cando as suas carreiras estaban no pico máis alto de popularidade: Courtney Love e compañía triunfaban co seu Celebrity Skin e Manson estreaba o polémico Mechanical Animals) que resultou ser un fracaso e na que as dúas bandas romperon as relacións supostamente porque Manson quería repartir os gastos de producción pero quería unha maior parte de beneficios xa que, segundo él, os asistentes iban a ver ó seu grupo.

Aquí podedes ver un resumo da xira en cuestión: directos, entrevistas e imaxes de backstage.

novo videoclip de marilyn manson.

mayo 15, 2009

Pois si, o anxo caído nos últimos anos Marilyn Manson preséntanos o seu novo videoclip correspondente o single ‘Arma-goddamn-motherfuckin-geddon’ que estará incluído no seu novo LP, o séptimo da banda, ‘The High End Of Low’, á venda nos próximos días.

Ó mellor que se pode decir é que intentan recuperar o sonido dos seus primeiros discos (este tema soa a Mechanical Animals total) e a volta de Twiggy Ramirez á banda. Nuns días sairemos de dúbidas…