Archive for the 'josh homme' Category

ESCOITA UN ADIANTO DO DISCO DE THEM CROOKED VULTURES.

octubre 27, 2009

Pois se falamos de superbandas desta década poucos poden competir co que andan argallando Josh Homme (Kyuss, Queens Of The Stone Age), David Grohl (Nirvana, Foo Fighters) e o mesmísimo John Paul Jones (Led Zeppelin) coa axuda de Alain Johannes (Eleven, QOTSA).

Tras suas actuacións sorpresa en varios dos maiores festivais europeos de este verán, e tras varios cambios de data, finalmente o disco debut de Them Crooked Vultures editaráse o 17 de novembro e hai uns minutos a banda subiu o primeiro tema completo, ‘New Fang’, para sua escoita en streaming e que pinta moi moi ben.

Anuncios

SCREAMING TREES ‘LIVE IN OLYMPIA’, online.

julio 27, 2009

Video bootleg dun concerto dos Screaming Trees, a banda liderada por Mark Lanegan.

Gravado en Olympia o 21 de marzo de 1997 durante a xira do seu último disco Dust con Josh Homme (Kyuss/Queens Of The Stone Age) á guitarra.

KYUSS NA TV ITALIANA EN 1995.

julio 8, 2009

Aquí temos aos grandiosos reis do deserto Kyuss en directo no programa Videomusic da televisión italiana alá por 1995.

kyuss ‘live at bizarre fest 1994’, online.

mayo 15, 2009

30 minutos. Eso é o que dura este concerto. Son Kyuss tocando no Bizarre Festival alemán en 1994 durante a xira de presentación do disco ‘And The Circus Leaves Town’. Impresionante. Non hai máis.

screaming trees ‘live at rockpalast’, online.

abril 23, 2009

Concerto de Screaming Trees na xira na que Josh Homme (ex-Kyuss, Queens of the Stone Age) os acompañaba á guitarra.

Gravado o 15 de novembro de 1996 en Essen, Alemaña, para o programa Rockpalast.