Archive for the 'bjork' Category

BJÖRK ‘MINUSCULE’, documental online.

enero 29, 2010

‘Minuscule: Behind The Scenes Film Made On The 2001 Vespertine World Tour’ é un documental que repasa a carreira da artista islandesa Björk dende o comezo da súa carreira en solitario ata o álbum Vespertine. Tamén se comenta a influencia que tivo e ten sobre outros artistas. Todo isto e máis narrado dende o incomparable marco da fabulosa Islandia.

Anuncios

‘tibetan freedom concert 1996’, documental online.

mayo 22, 2009

Tibetan Freedom Concert é un festival de música para apoiar a independencia do Tibet respecto a China. Dende 1996 ata 2001 o festival celebrouse nas codades de San Francisco (1996), New York (1997), Washington (1998), Amsterdam, Wisconsin, Sidney e Tokio (1999), e Tokio (2001).

Éste que nos ocupa é un documental dirixido por Sarah Pirozeck sobre a primeira ediciónque tivo lugar os días 15 e 16 de xuño no Golden Gate Park de San Francisco diante de unhas 100.000 persoas e no cal actuaron: 

The Smashing Pumpkins, Chaksam-pa, Beastie Boys, A Tribe Called Quest, Pavement, Cibo Matto, Biz Markie, Richie Havens, John Lee Hooker, Red Hot Chili Peppers, Rage Against the Machine, Sonic Youth, Beck, Foo Fighters, Björk, De La Soul, The Fugees, Buddy Guy, The Skatalites, Yoko Ono/Ima.

y ellas se juntan: pj harvey & björk.

mayo 15, 2009

Éste si que é un dueto de verdade. Dúas divas da música alternativa, que por aquela época aínda non deran o gran salto, PJ Harvey e Björk xuntas na gala dos Brit Awards do ano 1994 para versionar, nin máis nin menos, o ‘Satisfaction’ dos Stones.