Archive for the 'dinosaur jr.' Category

‘D.I.Y. OR DIE’, documental online.

agosto 10, 2009

‘D.I.Y. or Die: How to Survive as an Independent Artist’ é un documental de baixo coste dirixido por Michael W. Dean en 2002. O título do filme e os nomes dos capítulos xa din todo sobre o que se trata, non hai máis. 

Inclúe entrevistas a Ian MacKaye, Lydia Lunch, J Mascis, Ron Asheton ou Mike Watt entre outros.

Listado de capítulos:
1. What Is D.I.Y.?
2. Purpose
3. Integrity
4. Commerce
5. Self-Definition
6. Dealing With Adversity
7. Giving Back
8. Who Did What

VERSIÓN ORIXINAL

NOVO VIDEOCLIP DE DINOSAUR JR.

junio 26, 2009

‘Over It’ é o novo videoclip de Dinosaur Jr., o cal está incluído no seu recentísimo disco Farm, un dos mellores da sua carreira sen dúbida.

No video podemos velos facendo virguerías con skates e bicicletas e tamén dándose unhas boas hostias. A disfrutar!

O documental ‘1991: The Year Punk Broke’ online.

abril 13, 2009

‘1991: The Year Punk Broke’ é un documental de 1992 dirixido por Dave Markey. Nel móstranse a un gran número de bandas de punk e de rock alternativo xirando por Europa, con especial atención en Sonic Youth e Nirvana, pero non se olvida de grupos como Dinosaur Jr., Babes in Toyland, Gumball ou os Ramones. Tamén se pode ver a membros de Mudhoney, Courtney Love, ou o roadie de Black Flag Joe Cole, quen foi asasinado 3 meses antes de que rematara o filme, o cal está adicado a súa memoria.

dinosaur jr. ‘live at reading festival’, online

abril 13, 2009

Concerto gravado no Reading Festival de 2005, despois da reunión da formación orixinal de Dinosaur Jr. En 2007 volverían a gravar un disco xuntos, baixo o título de ‘Beyond’, o primeiro dende ‘Bug’ de 1988, que me gusta moitísimo, e en xuño está previsto que saquen un novo álbum chamado ‘Farm’.