Archive for the 'standstill' Category

NOVAS E ADIANTO DO NOVO MATERIAL DE STANDSTILL.

noviembre 6, 2009

Standstill son unha das miñas debilidades dende os tempos hardcore de aquel maravilloso The Ionic Spell. Dende aquela sigo cada paso que dan os barceloneses cunha grande expectación e unha profunda admiración hacia un grupo que non para de evolucionar e dar pasos de xigante con cada nova proposta. Despois do éxito de Vivalaguerra e dunha extensa xira a banda xa está gravando novo material coa novidade de que non lanzarán un LP ó uso, senón que se tratará dun triple EP con máis de unha hora de música e que sairá en febreiro segundo a información que da a propia banda.

O domingo pasado Enric Montefusco e Ricky Falkner actuaron na Sala Apolo de Barcelona, nun show acústico especial, onde repasaron as súas cancións máis coñecidas coa sorpresa de presentar un tema novo (que podedes escoitar aquí abaixo) que me encanta e deixa postas grandes expectacións para ese próximo material.

¡Adelante, Bonaparte!