Archive for the 'elliott smith' Category

ELLIOTT SMITH NA TELEVISIÓN HOLANDESA.

febrero 2, 2010

En novembro de 1998 Elliott Smith apareceu no programa 2 Meter Sessions da televisión holandesa para ser entrevistado, falar do seu paso polos premios Oscar de Holywood e tocar uns dos seus temas ó piano (‘Waltz #2’, ‘I Don’t Understand’ e ‘Miss Misery’).

Anuncios

ELLIOTT SMITH NO SHOW DE DAVID LETTERMAN.

agosto 29, 2009

Actuación do malogrado Elliott Smith no Late Show With David Lettermam onde interpreta xunto os membros da banda de Portland Quasi (músicos de acompañamento durante as xiras desa época) ‘Stupidity Tries’ do seu disco Figure 8 (2000).

ELLIOTT SMITH vs QUEENS OF THE STONE AGE.

agosto 5, 2009

‘Christian Brothers’ é un tema escrito por Elliott Smith que está incluído no seu segundo álbum, Elliott Smith, editado en 1995.

En 2007 a banda de Josh Homme Queens Of The Stone Age incluíron unha versión do tema como cara b do single ‘Sick, Sick, Sick’ do seu último disco Era Vulgaris.

VS.

‘Lucky Three’ a curtametraxe de Elliott Smith.

abril 9, 2009

‘Lucky Three’ é unha curtametraxe dirixida por Jem Cohen e gravada en Portland en 1996. O selo discográfico de Smith, Kill Rock Stars, incluéuna no seu primeiro video fanzine de 1997.

As cancións que soan no filme son: 

  1. Pódese escoitar unha versión instrumental do tema que despois sería “Baby Britain”  no comezo e na metade das dúas últimas cancións. 
  2. “Between the Bars” (take 3), versión en directo para o filme, o tema orixinal está incluído no seu disco Either/Or (1997)
  3. “Thirteen” (live Big Star cover), dispoñible na banda sonora orixinal de Thumbsucker(2005)
  4. “Angeles” (take 1), versión en directo para o filme, o tema orixinal está incluído no seu disco Either/Or (1997)