Posts Tagged ‘classic rock’

‘ELVIS PRESLEY EN SUS ÚLTIMOS DÍAS’, documental en español online.

agosto 10, 2010

 

Documental emitido dentro da serie ‘Famosos al desnudo’ do canle TVN chileno sobre os últimos anos da vida do rei do rock’n’roll Elvis Presley. Inclúe entrevistas os membros da Memphis Mafia, as ex-mozas ou a ama de chaves da sua mansión de Graceland, entre outros.

Interesante se non tes nin idea de como era a vida de Elvis por aquel entón. Se xa coñeces a historia é máis do mesmo.

Anuncios

‘ESPECIAL AZKENA ROCK FESTIVAL 2010’, reportaxe online.

julio 18, 2010

Programa especial emitido pola ETB sobre a última edición do Azkena Rock Festival celebrado en Vitoria-Gasteiz os días 28, 29 e 30 de xuño de 2010. Neste reportaxe de máis de 2 horas de duración poderás ver as actuacións de case todas as bandas que participaron no festival (exceptuando as de Slash, Bob Dylan e Chris Isaak entre outros), entrevistas ós grupos e demais material festivaleiro.

Obrigado de ver para os que estivemos alí.

CREEDENCE CLEARWATER REVIVAL ‘LIVE AT THE ROYAL ALBERT HALL 1970’, concerto online.

julio 17, 2010

Concerto da Creedence Clearwater Revival gravado ao vivo no Royal Albert Hall londinense o 14 de abril de 1970 durante a xira do seu célebre Cosmo’s Factory.

KISS EN DIRECTO NO PROGRAMA ‘THE MIDNIGHT SPECIAL’ EN 1975.

febrero 25, 2010

Actuación de Kiss no programa The Midnight Special do canle americano NBC en 1975. Nela podemos escoitar ‘Deuce’, ‘She’ e ‘Black Diamond’ que foron as tres cancións que foron emitidas (fora de emisión quedou ‘Come On And Love Me’). Istos son Kiss en estado puro.

‘THE STORY OF THE YARDBIRDS’, documental online.

febrero 14, 2010

Documental emitido polo Channel 4 da BBC británica en 1994 sobre a historia de outra das mellores bandas dos anos 60: The Yardbirds.

Este documental fai un breve repaso á carreira da banda a traves de imaxes e filmacións da época e no cal podemos ver entrevistas a Jimmy Page, Eric Clapton, Jeff Beck, Jim McCarthy e Chris Dreja.

‘THE STORY OF THE SMALL FACES’, documental online.

febrero 11, 2010

Breve documental do Channel 4 da BBC sobre a historia dos Small Faces, grupo liderado polo carismático guitarrista e cantante Steve Marriott e que revolucionou a música inglesa a finais dos anos 60. Aquí veremos entrevistas a algúns dos membros da banda, os managers, a nai do propio Marriott ou a famosos admiradores como Paul Weller.

ESPECIAL: THE JOHNNY CASH SHOW.

febrero 10, 2010

The Johnny Cash Show foi un programa de música e variedades conducido polo xigante do country durante 1969 e 1971, tempo durante o cal se emitiron 58 episodios, todos e cada un deles presentados por Johnny Cash acompañado de sua troupe: June Carter e a Carter Family, Carl Perkins, The Statler Brothers e The Tennessee Three.

Os programas graváronse no Ryman Auditorium de Nashville, casa do Grand Ole Opry, o templo da música country, folk e gospel de América. Foron moitos os grandes artistas que pasaron polo programa: Bob Dylan, Louis ArmstrongThe Monkees, Ramblin’ Jack Elliott, Dusty Springfield entre outros aínda que quizais as actuacións máis sobresaíntes son as que se presentan nos seguintes videos.

Roy Orbison, Joni Mitchell, Neil Diamond e Credence Clearwater Revival

James Taylor, Neil Young e Carl Perkins

Jerry Lee LewisDerek and the Dominos.

Johnny Cash, Eric Clapton e Carl Perkins

‘BILL BAILEY’S TOP TEN PROGRESSIVE ROCK’, documental online.

febrero 5, 2010

Documental do Channel 4 BBC adicado o rock progresivo, estilo que apareceu a finais dos anos 60 e que floreceu na década dos 70 con King Crimson ou Pink Floyd como abanderados do seu sonido. Éste filme repasa as principais bandas do xénero a través de entrevistas a diferentes membros dos grupos máis exitosos escollidos polo músico e comediante británico Bill Bailey.

NOTA: Falta a primeira parte porque non aparece por ningures no YouTube.

Hawkwind / Rush

RushEmerson Lake & Palmer / Yes

Yes / Jethro Tull

Moody Blues

Genesis

Pink Floyd

PHISH & NEIL YOUNG ‘LIVE AT FARM AID 1998’, online.

enero 31, 2010

Actuación dos reis da improvisación Phish xunto con Neil Young no festival Farm Aid, que organiza él mesmo, celebrado en Chicago o 3 de outubro de 1998

Na terceira e última parte únense a jam o xigante do country Willie Nelson e o famoso teclista Paul Schaffer (máis coñecido por ser o membro máis importante da banda do programa de televisión conducido por David Letterman).

CAMEO DE ALICE COOPER NA CURTAMETRAXE ‘FREAKSHOW’.

enero 22, 2010

‘Freakshow’ é unha curtametraxe de terror filmada e dirixida por Lynton V. Harris en 1999 sobre a noite de Halloween nun parque de atraccións de Coney Island en New York e, como non podía ser de outra maneira, conta co cameo da estrela do horror Alice Cooper, quen introduce, pon voz en off e da fin a esta breve historia.