Archive for the 'roy orbison' Category

ESPECIAL: THE JOHNNY CASH SHOW.

febrero 10, 2010

The Johnny Cash Show foi un programa de música e variedades conducido polo xigante do country durante 1969 e 1971, tempo durante o cal se emitiron 58 episodios, todos e cada un deles presentados por Johnny Cash acompañado de sua troupe: June Carter e a Carter Family, Carl Perkins, The Statler Brothers e The Tennessee Three.

Os programas graváronse no Ryman Auditorium de Nashville, casa do Grand Ole Opry, o templo da música country, folk e gospel de América. Foron moitos os grandes artistas que pasaron polo programa: Bob Dylan, Louis ArmstrongThe Monkees, Ramblin’ Jack Elliott, Dusty Springfield entre outros aínda que quizais as actuacións máis sobresaíntes son as que se presentan nos seguintes videos.

Roy Orbison, Joni Mitchell, Neil Diamond e Credence Clearwater Revival

James Taylor, Neil Young e Carl Perkins

Jerry Lee LewisDerek and the Dominos.

Johnny Cash, Eric Clapton e Carl Perkins

Anuncios

ROY ORBISON, TOM WAITS & BRUCE SPRINGSTEEN.

agosto 23, 2009

Vaia panorama de personaxes os que reuniu o especial Roy Orbison and Friends, A Black and White Night da HBO en 1987, un ano antes de morte de Roy Orbison. Con invitados de luxo como Tom Waits, Elvis Costello, Jackson Browne, Bonnie Raitt ou Bruce Springsteen (o cal non soporto e, por suposto, non o vou a taggear) e coa TBC Band, sección rítmica da banda de Elvis Presley durante seus últimos anos de vida, de músicos de acompañamento.

Todo isto misturado cunha excelente realización en branco e negro e nun espacio ambientado nun clube nocturno dos anos 40. Calidade, elegancia e grandes cancións que nos fan recordar a este xenio da música do século XX.

– Xa colgarei o concerto completo máis adiante. Polo de agora…a disfrutar!.