Posts Tagged ‘acoustic’

JASON MOLINA ‘LIVE AT ACME RECORDS 2006’, concerto online.

julio 5, 2010

Showcase de Jason Molina, líder de Songs: Ohia e Magnolia Electric Co., n a tenda de discos Acme Records da cidade de Columbia. Gravado o 3 de decembro de 2006.

MINUTEMEN ‘ACOUSTIC BLOW-OUT’, concerto online.

febrero 12, 2010

Actuación acústica dos Minutemen nun programa da televisión por cable americana chamado Blow-Out en 1985 onde reinterpretan os seus ruidosos temas dunha forma maxistral e danlle outra visión a clásicos da Creedence ou BOC. ¡Isto si que é punk!. Imperdible.

Corona / Themselves / Badges / I Felt Like A Gringo Time.

Lost (Meat Puppets) /Ack Ack Ack Ack / History Lesson Part II / Tour Spiel.

Little Man With A Gun In His Hand

The Red And The Black (Blue Öyster Cult)

Green River (Creedence Clearwater Revival)

ESPECIAL: THE JOHNNY CASH SHOW.

febrero 10, 2010

The Johnny Cash Show foi un programa de música e variedades conducido polo xigante do country durante 1969 e 1971, tempo durante o cal se emitiron 58 episodios, todos e cada un deles presentados por Johnny Cash acompañado de sua troupe: June Carter e a Carter Family, Carl Perkins, The Statler Brothers e The Tennessee Three.

Os programas graváronse no Ryman Auditorium de Nashville, casa do Grand Ole Opry, o templo da música country, folk e gospel de América. Foron moitos os grandes artistas que pasaron polo programa: Bob Dylan, Louis ArmstrongThe Monkees, Ramblin’ Jack Elliott, Dusty Springfield entre outros aínda que quizais as actuacións máis sobresaíntes son as que se presentan nos seguintes videos.

Roy Orbison, Joni Mitchell, Neil Diamond e Credence Clearwater Revival

James Taylor, Neil Young e Carl Perkins

Jerry Lee LewisDerek and the Dominos.

Johnny Cash, Eric Clapton e Carl Perkins

‘WILLIE NELSON: THE BIG SIX-0’, concerto online.

febrero 8, 2010

‘Willie Nelson: The Big Six-0’ é un especial para televisión emitido en 1993 onde Willie Nelson rodeouse dos seus mellores amigos para celebrar un concerto conmemorando o seu 60º cumpreanos. Por alí andaban Bob Dylan, Neil Young, Ray Charles, BB King, Waylon Jennings ou Emmylou Harris entre outros moitos.

ELLIOTT SMITH NA TELEVISIÓN HOLANDESA.

febrero 2, 2010

En novembro de 1998 Elliott Smith apareceu no programa 2 Meter Sessions da televisión holandesa para ser entrevistado, falar do seu paso polos premios Oscar de Holywood e tocar uns dos seus temas ó piano (‘Waltz #2’, ‘I Don’t Understand’ e ‘Miss Misery’).

NOEL GALLAGHER & GEM ARCHER ‘LIVE AT UNION CHAPEL 2006’, concerto online.

enero 29, 2010

Concerto semiacústico (moi boa calidade) de Noel Gallagher e Gem Archer , ambos guitarristas da banda Oasis, gravado no Union Chapel londinense o 26 de novembro de 2006.

Setlist: 01. (It’s good) to be free 02. Talk tonight 03. Fade away 04. Cast no shadow 05. The importance of being idle 06. Half the world away 07. Wonderwall 08. Slide away 09. Don’t look back in anger 10. Married with children

RAREZAS: NEIL YOUNG.

noviembre 2, 2009

Inauguro unha nova sección titulada Rarezas, na que irei subindo vídeos que non son moi populares nin os típicos que podamos ver nas primeiras páxinas de YouTube, pero cun gran valor histórico e artístico.

Comezo con éste. Neil Young en estado puro, él e sua guitarrá sós no escenario do Finjan Folk Café de Montreal en xuño de 1970 onde interpreta un medley de dúas das cancións que máis me gustan dél: ‘The Loner’ e ‘Cinnamon Girl’.

DAVID CROSBY & GRAHAM NASH ‘IN CONCERT’, online.

septiembre 6, 2009

Actuación de David Crosby e Graham Nash no programa In Concert da BBC. Gravado o 1 de setembro de 1970 despois de finalizar unha axitada xira de Crosby, Stills, Nash & Young que case remata co grupo.

‘JONI MITCHELL SINGS THE SONGS OF JONI MITCHELL’, online.

agosto 31, 2009

Actuación de Joni Mitchell dentro da serie de programas In Concert da BBC británica en 1970.

BONNIE ‘PRINCE’ BILLY & MATT SWEENEY ‘LIVE IN ORLANDO’, online.

agosto 8, 2009

Video bootleg dun concerto de Bonnie ‘Prince’ Billy acompañado po-lo guitarrista e productor Matt Sweeney gravado o 14 de xuño de 2004 en Orlando durante a xira de presentación de Superwolf, o álbum que publicaron conxuntamente estes dous grandes artistas.

Setlist:

drinking woman
rudy foolish
beast for thee
master and everyone
ease down the road
pushkin
joy and jubilee
riding
for the mekons

gulf shores
werner’s last blues to blockbuster
at break of day
horses
i see a darkness
west palm beach
hearts
agnes,queen of sorrow
new partner