Archive for the 'johnny cash' Category

ESPECIAL: THE JOHNNY CASH SHOW.

febrero 10, 2010

The Johnny Cash Show foi un programa de música e variedades conducido polo xigante do country durante 1969 e 1971, tempo durante o cal se emitiron 58 episodios, todos e cada un deles presentados por Johnny Cash acompañado de sua troupe: June Carter e a Carter Family, Carl Perkins, The Statler Brothers e The Tennessee Three.

Os programas graváronse no Ryman Auditorium de Nashville, casa do Grand Ole Opry, o templo da música country, folk e gospel de América. Foron moitos os grandes artistas que pasaron polo programa: Bob Dylan, Louis ArmstrongThe Monkees, Ramblin’ Jack Elliott, Dusty Springfield entre outros aínda que quizais as actuacións máis sobresaíntes son as que se presentan nos seguintes videos.

Roy Orbison, Joni Mitchell, Neil Diamond e Credence Clearwater Revival

James Taylor, Neil Young e Carl Perkins

Jerry Lee LewisDerek and the Dominos.

Johnny Cash, Eric Clapton e Carl Perkins

MERLE TRAVIS vs TENNESSEE ERNIE FORD vs JOHNNY CASH.

julio 3, 2009

‘Sixteen Tons’ é unha canción composta en 1946 por Merle Travis para a sua box-set Folk Songs Of The Hill que foi popularizada en 1955 por Tennessee Ernie Ford, que a incluíu na cara B do seu single ‘You Don’t Have to Be a Baby to Cry’. A súa versión estivo dez semanas no número 1 das listas country e pasou oito semanas na cima das listas pop, convertíndose así na súa canción máis recordada.

Despois de iso o tema convertiuse nun himno da clase obreira e sería versionada por infinidade de artistas como Tom Jones ou The Platters, entre outros.

En 1987 Johnny Cash regrabaría a canción para o seu disco Johnny Cash Is Coming To Town e da cal se gravou o videoclip que podedes ver máis abaixo.

VS.

VS.

‘johnny cash at san quentin’, online.

abril 15, 2009

‘Johnny Cash at San Quentin’ é un documental de 1969 gravado pola Granada TV inglesa sobre as crónicas sobre o concerto de Johnny Cash na cárcere de máxima seguridade de San Quentin donde Cash fixo sua actuación acompañado da sua inseparable June Carter e de Carl Perkins entre outros. Inclúe tamén entrevistas ós gardas da cárcere.