Archive for the '– RADIO SESSIONS' Category

THERAPY? ‘BBC BANDWIDTH SESSIONS’, online.

febrero 2, 2010

Sesión a cargo dos irlandeses Therapy? gravada nos BBC Studios de Belfast o 34 de marzo de 2009  para as Bandwidth Sessions da Radio One. Nela presentan o single do seu último LP Crooked Timber máis dúas cancións inéditas.

THE OBLIVIANS EN DIRECTO NA RADIO HOLANDESA.

enero 22, 2010

Aquí temos un par de temas da presentación dos Oblivians, imprescindibles reis do garage-punk, no VPRO Radio Studio de Amsterdam o 20 de abril de 1995 onde interpretan ‘Five Hour Man’ ‘I’m Not a Sicko There’s a Plate in My Head’. Esta actuación foi editada como bootleg en 1997 baixo o nome de Cum Shots.

THE FLAMING LIPS ‘LIVE AT MORNING BECOMES ECLECTIC’, online.

noviembre 7, 2009

Aqui temos outra Radio Session. Desta vez tócalle o turno a The Flaming Lips que pasaron polo programa Morning Becomes Eclectic da emisora americana KCRW o pasado 16 de outubro. Aquí presentan 3 temas do seu novo disco Embryonic máis unha versión do clásico de Pink Floyd ‘Eclipse’.

BIFFY CLYRO ‘VIRGIN RADIO SESSIONS’, online.

octubre 7, 2009

Presentación en formato acústico do trío escocés Biffy Clyro gravada en 2007 para as Virgin Radio Sessions da multinacional británica.

ARCADE FIRE ‘THE WHITE SESSIONS 2005’, online.

septiembre 21, 2009

Actuación de Arcade Fire dentro das White Sessions da emisora France Inter FM. Gravado na Maison de la Radio de París o 9 de marzo de 2005.

00 Intro
01 Wake Up
02 Neighborhood (Laika)
03 No Cars Go
04 Une Année Sans Lumière
05 Power Out
06 Rebellion
07 Neighborhood (Kettles)
08 Crown Of Love
09 Neighborhood (Tunnels)
10 Outro

SESIÓN ACÚSTICA DE THE POSIES NA RADIO CANADENSE.

septiembre 10, 2009

Sesión acústica de Ken Strigfellow e Jon Auer, lideres de The Posies, gravada o 2 de outubro de 2005 no programa Hooked On Sonics do canle de radio CJLO de Montreal, Canadá.

JASON MOLINA EN DIRECTO NA RADIO ITALIANA.

agosto 3, 2009

Actuación de Jason Molina (Magnolia Electric Co. e Songs: Ohia) no programa ‘Maps’ da Radio Città Del Capo de Bolonia, Italia, onde toca tres cancións en acústico.

1. It’s Easier Now
2. O Punishment
3. Rider.Shadow.Wolf
 

PJ HARVEY & JOHN PARISH ‘LIVE ON KRCW’, online.

julio 3, 2009

Sesión de PJ Harvey e John Parish para o programa Morning Becomes Eclectic da emisora americana KRCW. Gravada en Austin, Texas, o 20 de marzo de 2009 e onde presentan o seu segundo LP conxunto A Woman A Man Walked By.

Black Hearted Love / Sixteen, Fifteen, Fourteen

The Soldier / Interview

Leaving California / Pig Will Not

April / Civil War Correspondent

gary louris & mark olson ‘live at the current’, online.

May 26, 2009

Actuación de GARY LOURIS e MARK OLSON no programa de radio The Current presentando dúas canción do seu disco conxunto «Ready For The Flood».

THE JAYHAWKS ESTARÁN TOCANDO O SÁBADO 30 NO ESCENARIO ESTRELLA DAMM ÁS 19:00 DA TARDE.

bat for lashes ‘live from the cd101 big room’, online.

May 26, 2009

Sesión para radio de BAT FOR LASHES gravada dende a Big Room da estación CD101.1 de Columbus, Ohio, o 10 de xaneiro de 2007.

BAT FOR LASHES ESTARÁ ACTUANDO O VENRES 29 NO ESCENARIO ESTRELLA DAMM DO PS’09 ÁS 19.10 DA TARDE.