Archive for the '– Vs. (VERSIONES)' Category

MACHINE vs THE GORIES.

octubre 20, 2009

‘There But For The Grace Of God Go I’ é un tema escrito e producido por August Darnell e popularizado pola sua banda de disco-funk Machine en 1979.

En 1992 a banda de Detroit The Gories incluía unha fenomenal e moi distinta versión do tema de Machine no seu terceiro e último disco ata esta data Outta Here e para o cal gravaron o videoclip que podedes ver aquí abaixo con apenas 20$.

VS.

DAVE DUDLEY vs THE FLYING BURRITO BROTHERS.

septiembre 28, 2009

‘Six Days On The Road’ é unha canción composta por Carl Montgomery e Earl Green e popularizada polo cantante country Dave Dudley quen alcanzou o #2 das listas de country en 1963.

En 1972 o grupo liderado por Gram Parsons The Flying Burrito Brothers gravaron o tema e incluírono no seu cuarto e derradeiro álbum Last of the Red Hot Burritos.

VS.

DEVO vs THE MUMMIES.

septiembre 16, 2009

‘Uncontrollable Urge’ é a primeira canción do primeiro LP da banda DEVO Question: Are We Not Men? Answer: We Are Devo! e un dos seus temas máis recoñecidos.

En 1992 os únicos e irrepetibles The Mummies fixeron sua propia versión (un pouco máis garaxeira, aínda que non moi diferente da orixinal) que foi editada en 7″ ese mesmo ano pero que non foi incluída no seu disco de debut.

VS.

BIG STAR vs CHEAP TRICK.

septiembre 10, 2009

‘In The Street’ é un tema da banda de Memphis e iconos do power-pop Big Star de escrito por Alex Chilton e Chris Bell e que está incluído no seu álbum ‘# 1 Record’ de 1972. En 1993 o cantante e guitarrista Alex Chilton máis o batería Jody Stephens decidiron volver á actividade para dar uns concertos de reunión, para os cales reclutaron a Jon Auer e Ken Stringfellow de The Posies acompañándoos á guitarra e ó baixo respectivamente.

En 1997 a banda Cheap Trick versionaron o tema de Big Star para incluílo na cabeceira da famosa serie That 70’s Show e, un ano máis tarde, volverían a grabar outra versión cun sonido un pouco distinto que é a que se ve aquí abaixo.

VS.

MARTINA TOPLEY-BIRD vs THE TWILIGHT SINGERS.

agosto 30, 2009

‘Too Tough To Die’ é un tema incluído en Quixotic (2003), o primeiro álbum en solitario de Martina Topley-Bird, ex-moza, colaboradora e nai dun fillo de Tricky.

Dous anos máis tarde os Twilight Singers de Greg Dulli incluían a canción no seu disco de versións She Loves You e adaptábana perfectamente ó estilo da banda dándolle un aire  máis acertado que a versión orixinal (na miña humilde opinión).

VS.

PEACHES & HERB vs FAITH NO MORE.

agosto 27, 2009

‘Reunited’ é un tema do dúo vocal Peaches & Herb que foi todo un éxito en 1979 cando pasou catro semanas no número 1 das listas norteamericanas. A canción estaba incluída no seu LP 2 Hot.

Este ano os reunidos Faith No More, facendo gala do seu humor tan peculiar, decidiron abrir todos os seus concertos da xira versionando a clásica balada R&B.

VS.

THE YARDBIRDS vs CHRIS ISAAK.

agosto 21, 2009

‘Heart Full Of Soul’ é unha canción composta por Graham Gouldman e popularizada por The Yardbirds. O single lanzouse en 1965 e foi todo un éxito en USA e UK e incluíuse no álbum recopilatorio Having A Rave Up dese mismo ano.

En 1986 o americano Chris Isaak publicaba seu aclamado álbum debut Chris Isaak e incluía unha gran versión do tema dos Yardbirds que pronto se convertiu nun clásico do seu repertorio.

VS.

MISFITS vs DAVID PAJO.

agosto 8, 2009

‘Where Eagles Dare’ é un tema é un tema escrito po-los Misfits nos seus primeiros anos que está incluído no álbum recopilatorio Legacy Of Brutality de 1985.

O guitarrista de Slint e ex-Zwan e home detrás de Papa M David Pajo incluíu unha versión bastante diferente do orixinal clásico da banda de Glenn Danzig no seu último disco Scream With Me.

VS.

TALKING HEADS vs VELVET REVOLVER.

agosto 6, 2009

‘Psycho Killer’ é un tema escrito por David Byrne para o álbum 77 dos Talking Heads e todo un himno da new wave novaiorquina. Un tema versionado por infinidade de artistas como Terrorvision, The Faint, Jason Isbell ou o caso quer nos ocupa, que son os Velvet Revolver de Slash e compañía, os cales versionaban habitualmente nos seus concertos.

VS.

ELLIOTT SMITH vs QUEENS OF THE STONE AGE.

agosto 5, 2009

‘Christian Brothers’ é un tema escrito por Elliott Smith que está incluído no seu segundo álbum, Elliott Smith, editado en 1995.

En 2007 a banda de Josh Homme Queens Of The Stone Age incluíron unha versión do tema como cara b do single ‘Sick, Sick, Sick’ do seu último disco Era Vulgaris.

VS.