Archive for the 'sky saxon' Category

THE SMASHING PUMPKINS & SKY SAXON.

agosto 19, 2009

Curiosa esta colaboración entre The Smashing Pumpkins (ou sexa Billy Corgan e Jimmy Chamberlin) e Sky Saxon e seu irmán Gary dos míticos The Seeds. A canción chámase ‘Superchrist’ que únicamente foi distribuída a través da tenda iTunes e da cal se gravou este videoclip.

R.I.P. SKY SAXON.

junio 25, 2009

Richard Marsch (aka Sky Saxon) membro fundador dunha das máis alabadas bandas de garage dos sesenta The Seeds morreu esta mañá en Austin.

O pasado xoves caeu enfermo pero aínda así dou un concerto o sábado acompañado da banda Shapes Have Fangs. O luns foi hospitalizado e, aínda que as causas da morte non foron publicadas, presuntamente padecía unha infección nos órganos internos.

A súa muller Sabrina Saxon publicou esta nota a través de Facebook:

“Sky has passed over and YaHoWha is waiting for him at the gate. He will soon be home with his Father. I’m so sorry I couldn’t keep him here with us. More later. I’m sorry.”

 

Descanse en paz.

recordando a…the seeds.

abril 21, 2009

The Seeds foron unha banda californiana de metade dos 60 e unha das máis representativas do sonido garage de esa época. A súa discografía só chegou a tres LP’s, The Seeds (1965), A Web Of Sound (1966) e A Full Spoon of Seedy Blues (1967, éste como Sky Saxon Blues Band).

Actualmente Sky Saxon, cantante e guitarrista da banda, sigue xirando cada certo tempo baixo o nome de The Seeds, nalgunha ocasión acompañado por membros orixinais da banda.