Archive for the 'the storm' Category

recordando a…the storm.

May 18, 2009

THE STORM foi unha banda formada en Sevilla en 1968 por Ángel Ruiz (guitarra), Diego Ruiz (batería) José Torres (baixo) e Luis Genil (teclado) cando apenas contaban con 12 anos. Comezaron tocando versións dos Rolling Stones, Jimi Hendrix, Otis Redding ou James Brown no colexio e na igrexa.

En 1972 empezan a tocar en Madrid con moitas dificultades debido o estilo de música que practicaban. Naqueles tempos aínda non tiñas repertorio propio pero ían mellorando e xa tocaban versión de Deep Purple ou Led Zeppelin.

En 1974 sae á luz o seu disco debut, The Storm, a través de Basf/Singleton Productions, un maxistral exercicio de hard rock progresivo cunha clara influencia purpleiana sobre todo polo característico sonido do Hammond de Luis Genil, con 3 pezas instrumentais e o resto dos temas cantados completamente nun inglés bastante rudimentario. Gravado en 4 horas nun improvisado directo nos estudios Audio Film o disco agota todas as copias rápidamente e o grupo sigue xirando por España con os seus paisanos Triana e chegando a telonear a Queen en decembro dese mismo ano no Palacio de Deportes de Barcelona, os cales se lles acercaron para felicitalos pola súa actuación.

thestorm2vb3

Despois de iso, en 1975, o grupo sufre un parón de 2 anos debido a que se teñen que incorporar ó servicio militar.

Tras rematar a mili en 1977 o grupo sae desganado e sentindo que perderan a oportunidade de facer algo grande coa súa música. Aínda así en 1979 entran a gravar nos estudios Sonoland de Madrid o que sería seu segundo LP que sae un ano despois chamado El Día De La Tormenta decantándose por un rock máis melódico e cantando todos os temas en castelán. Pouco despois o grupo disolveuse.

 

Aquí vos deixo unha impresionante actuación gravada para o programa Ahora de TVE en 1975.

ou ver o concerto completo AQUÍ.