Posts Tagged ‘alt-country’

RECORDANDO A…16 HORSEPOWER.

noviembre 9, 2009

Hoxe gustaríame recordar a unha extinta banda pola cal teño un cariño especial e admiración: 16 Horsepower.

A banda formouse en Los Angeles no ano 1992 cando o cantante e multi-instrumentista David Eugene Edwards coñeceu ó  francés Pascal Humbert. Pouco despois uníuse o batería de jazz Jean Yves-Tola, tamén francés, e comezaron a dar os primeiros concertos baixo o nome de Horsepower.

Pouco despois volveron a Denver, localidade natal de DEE, onde contactaron co baixista Keven Soll e cambiaron o nome da banda por 16 Horsepower. Comezaron a xirar intensamente por Norteamérica e a gañar adeptos gracias aos seus enérxicos concertos e seu especial sonido que misturaba o folk, o country e a música tradicional americana dunha maneira case apocalísptica.

En 1994 sacan o seu primeiro 7″ Shametown e a compañía A&M Records fíchaos para lanzar o seu primeiro álbum. Por diversas razóns a discográfica pospuxo o lanzamento do disco e a banda volveu o estudio para gravar o seu EP homónimo que veu a luz un ano despois.

En 1996 o seu debut Sackcloth ‘n’ Ashes sae á rúa cun gran recibemento por parte da prensa musical e a banda comeza a darse a coñecer cunha xira que os truxo a Europa. Nesta época Pascal Humbert ocupaba o posto de segundo guitarrista. Despois da xira deixan a Keven Soll para incorporar a Rob Redick, ex-baixista de Candlebox, quen non durou moito tempo na banda debido a diferencias co resto da banda.

Pouco antes de comezar a gravación do seu segundo LP fichan a Jeffrey-Paul Norlander como segundo guitarrista e Humbert pasa a ocuparse do baixo. Con esta formacióon gravan Low Estate, disco producido por John Parish e editado en 1998.

Durante a xira de promoción Norlander abandoa a banda e é reemplazado polo técnico de guitarras Steve Taylor.

Despois de dous anos escribindo novo material a banda edita no ano 2000 o seu terceiro disco Secret South o cal camboia a dirección da banda  a un sonido máis folk que os seus antecesores. A xira europea planeada para 2001 cancelouse debido a disputas internas dos membros, as cales ocasionaron os primeiros rumores de separación. Nesta época DEE comezou a sua carreira en solitario lanzando o debut de Woven Hand, mentres Pascal Humbert tamén editou seu disco en solitario baixo o nome de Lilium.

En 2002 sae Folklore, cuarto álbum da banda, plagado de versións e só catro temas propios  eun ano despois un recopilatorio titulado Oden composto por sesións de estudio que  abanda gravara entre 1993 e 1994. A comezos de 2004 a banda realizou o seu último tour para presentar as cancións destes dous álbumes.

En abril de 2005 16 Horsepower decidiron poñer fin a sua carreira debido a diferencias personais, musicais e espirituais entre os seus membros.

Despois da sua ruptura o selo de Jello Biafra American Tentacle Records fíxose cos dereito de distribución od catálogo da banda e publicou dous DVD’s, 16HP en 2005 e Live un ano despois, máis un disco doble gravado en directo Live March 2001 en 2008.

David Eugene Edwards continua co seu proxecto en solitario baixo o nome de Woven Hand coa axuda de Pascal Humbert, co cal están tendo bastante éxito de crítica e co que siguen tocando na maioría de festivais en Europa e América.

GRANT LEE BUFFALO ‘LIVE ON RAGE’, online.

septiembre 22, 2009

Actuación de Grant Lee Buffalo no programa Rage da ABC TV australiana gravado en xaneiro de 1995 e onde presentan cinco temas do seu debut Fuzzy (1994).

LUCINDA WILLIAMS ‘LIVE IN ZARAGOZA’, online.

agosto 9, 2009

Concerto de Lucinda Williams gravado o 14 de xullo, durante a sua recente xira española, no Teatro Principal de Zaragoza e emitido no programa No Disparen Al Pianista de TVE2.

Setlist:

Change The Locks
Real Live Bleeding Fingers
Essence
Drunken Angel
Unsuffer Me
Honeybee
Joy
Righteously
Get Right With God
It´s A Long Way To The Top

VER NA WEB DE TVE

gary louris & mark olson ‘live at the current’, online.

mayo 26, 2009

Actuación de GARY LOURIS e MARK OLSON no programa de radio The Current presentando dúas canción do seu disco conxunto “Ready For The Flood”.

THE JAYHAWKS ESTARÁN TOCANDO O SÁBADO 30 NO ESCENARIO ESTRELLA DAMM ÁS 19:00 DA TARDE.