Archive for julio, 2009

‘OUTER SPACE’, ADIANTO DO NOVO DISCO DE ACE FREHLEY.

julio 31, 2009

Xa temos novo material en solitario do meu Kiss favorito, como non, Ace Frehley.

‘Outer Space’ estará incluído no seu próximo álbum Anomaly que se publicará o 15 de setembro, dez anos despois do seu último disco Trouble Walkin’. Todo un bo pepinazo de hard rock. Eso si, a portada ten delito…

Podedes escoitala neste enlace: http://www.idesignprod.com/AF/

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE ‘LIVE AT RED ROCKS’, online.

julio 30, 2009

Concerto da banda neopsicodélica The Brian Jonestown Massacre no famoso auditorio ó aire libre nas Red Rocks de Colorado dentro da programación do Monolith Festival. Gravado o día 15 de setembro de 2007.

ESPECIAL: LIVE AT NULLE PART AILLEURS (NPA) [1ª PARTE]

julio 29, 2009

Nulle Part Ailleurs (aka NPA) foi un programa de entrevistas do Canal + francés que estivo en antena dende setembro de 1987 ata xuño de 2001 polo cal pasaron as maiores estrelas do cine, da música, da televisión ou da literatura entre outros. Pero ímonos centrar na parte musical porque realmente impresiona a cantidade de grupos e artistas de primeira liña que actuaron no programa: dende clásicos como Jimi Page e Robert Plant, David Bowie, Iggy Pop ou AC/DC pasando polos grupos punteiros dos 90 como Nirvana, Radiohead, Sepultura ata bandas que estaban totalmente fóra do mainstream como The Jesus Lizard ou Helmet.

Ésta é a primeira parte das deceas de vídeos existentes do programa. Irei recopilándoas porque paréceme moi interesante todo o elenco de artistas que actuaron nese plató.

Aquí en España tíñamos ó programa Lo + Plus (basado na idea do NPA) presentado por Máximo Pradera e Fernando Schwartz, un dos mellores programas da súa época e con invitados de nivel. A única pega que tiña eran as actuacións musicais: mentres en Francia levaban a Jeff Buckley aquí actuaba Rosario Flores.

Spain is different. Disfruten.

1. Jimmy Page & Robert Plant – ‘Rock’n’Roll’

2. David Bowie – ‘Scary Monsters’

3. Radiohead – ‘Karma Police’

4. Nick Cave & The Bad Seeds feat. Kylie Minogue – ‘Where The Wild Roses Grow’

5. The Jesus Lizard – ‘Thumper’

6. L7 – ‘Drama’

7. Portishead – ‘Glory Box’

8. Sonic Youth – ‘Sunday’

9. The Smashing Pumpkins – ‘Bullet With Butterfly Wings’

10. Sepultura – ‘Refuse/Resist’

11. The Breeders – ‘Cannonball’

12. Deftones – ‘Change (In The House Of Flies)’

13. Depeche Mode – ‘It’s No Good’

14. The Cure – ‘Boys Don’t Cry’

15. PJ Harvey – ‘Good Fortune’

16. Jon Spencer Blues Explosion – ‘Weil’

17. Nirvana – ‘Rape Me’

18. Helmet – ‘Pure’

19. A Perfect Circle – ‘Judith’

20. Soulfly – ‘Tribe’

THE OBLIVIANS ‘REUNION HALLOWEEN 2003’, online.

julio 28, 2009

Video bootleg do concerto de reunión de The Oblivians, a banda de Greg Cartwright (líder tamén de Reigning Sound), gravado no Hi Tone de Memphis en outubro de 2003.

01. She’s A Hole 02. No Reason To Live 03. And Then I Hugged Her 04. Hey Mama, Look At Sis 05. Alcoholic 06. Love Killed My Brain 07. Jim Cole 08. Viet Nam War Blues 09. Five Hour Man 10. Big Black Hole 11. Never Enough

COUNT FIVE vs THE CRAMPS.

julio 28, 2009

‘Psychotic Reaction’ foi o primeiro single e o tema que daría nome ó primeiro LP da banda californiana de garage Count Five. A canción foi todo un éxito e chegou a ocupar o número 5 das listas americanas.

The Cramps, uns expertos en facer versións alleas, incluíron súa cover no LP en directo Smell Of Female de 1983 e convertiuse nun tema case fixo do seu repertorio en directo.

VS.

THE GORIES ‘THE BANDIN’ SESSION’, online.

julio 28, 2009

Concerto da mítica banda de garage punk The Gories gravado para o programa da televisión de Detroit dirixido por George LeesBandin’ a finais dos anos 80.

Recomendadísimo!!!

RECORDANDO A…LOS BESTIAS.

julio 27, 2009

Los Bestias foron un grupo arxentino do cal pouco se coñece. Tan só estes vídeos extraídos do programa La Escala Musical do Canal 13, onde en 1967 participaron nun concurso de bandas no que quedaron en segundo posto. Despois diso a banda firmou por unha discográfica, aínda que descoñécese se existe algunha gravación editada oficialmente.

A banda formábana Miguel Witis na voz, Oscar «Quique» Alvarado nos teclados, Eduardo Levy na guitarra, Miguel Rosales na batería e César Paredes no baixo.

Ésta formación un ano despois, en 1968, cambiaríase o nome a Los Blue’s Men e gravarían un só LP Prohibido Prohibir que se pode atopar fácilmente nalgúns blogs por se alguén o quere descargar.

TRÁILER DE ‘SAICOMANIA’, O DOCUMENTAL SOBRE LOS SAICOS.

julio 27, 2009

Aquí vos deixo un par de tráilers do que promete ser un gran documental, ‘Saicomania’, sobre a banda pioneira do rock and roll máis salvaxe de Sudamérica: Los Saicos.

Aínda non ten data para o seu estreno pero eu xa estou desexando véla e que oxalá cumpla o seu cometido de dar a coñecer a todo o mundo unha das mellores bandas de garage da súa época.

http://www.saicomania.com/

SCREAMING TREES ‘LIVE IN OLYMPIA’, online.

julio 27, 2009

Video bootleg dun concerto dos Screaming Trees, a banda liderada por Mark Lanegan.

Gravado en Olympia o 21 de marzo de 1997 durante a xira do seu último disco Dust con Josh Homme (Kyuss/Queens Of The Stone Age) á guitarra.

MADRUGADA ‘LIVE AT OSLO SPEKTRUM’, online.

julio 27, 2009

Concerto da banda noruega Madrugada pertencente ó DVD Live At Oslo Spektrum gravado o 2 de decembro de 2005.

Tracklist:
# Stories From The Street
# On Your Side
# Running Out Of Time
# Vocal
# Lift Me – with Ane Brun
# Black Mambo
# Mother Of Earth
# Majesty
# Strange Color Blue
# Hard To Come Back
# Blood Shot Adult Commitment
# You Better Leave
# Sometimes I Feel Like A Motherless Child
# The Kids Are On High Street
# Electric

VER EN VEOH