Archive for the 'the wipers' Category

RAREZAS: THE WIPERS.

enero 28, 2010

Aquí vai un vídeo que ten un gran valor para todos os fanáticos dunha das bandas máis personais que un servidor escoitou nunca: os Wipers.

Os seguidores do trío de Portland apenas podemos facernos unha idea do que eran o xenio de Greg Sage e compañía ao vivo xa que na rede existe pouquísimo material en vivo da banda. Éste é o máis antigo e o que mellor pode describir esa sensación.

Así que gracias o documental Northwest Passage: Birth of Portland’s DIY Culture, dirixido por Mike Lastra e editado en 2007, podemos ver ós Wipers tocando o seu clásico ‘Over The Edge’ nun directo do ano 1983 cunha calidade máis que aceptable.

Isto é un tesouro, amigos.

Anuncios