Archive for the 'thirteenth floor elevators' Category

ROKY ERICKSON & THE ALIENS vs ENTOMBED.

julio 23, 2009

‘Night Of The Vampire’ é un dos temáis máis coñecidos de Roky Erickson na sua etapa post-13th Floor Elevators que está incluído no primeiro disco de Roky Erickson & The Aliens I Think Of Demons de 1980.

En 1995 a banda sueca Entombed na que militaba Nicke Andersson á batería (aka Nick Royale, líder de The Hellacopters) fan confeso de Erickson, incluíu unha versión no seu split coa banda The New Bomb Turks.

VS.

E de bonus track a versión acústica en directo en 1984.

‘you’re gonna miss me’, o documental de 13th floor elevators online.

abril 13, 2009

‘You’re Gonna Miss Me’ é un documental producido e dirixido por Claude Mathews en 1983 e do cal non atopei máis información ó respecto. Nel, inclúense entrevistas ós membros de 13th Floor Elevators e a  algúns dos seus familiares, así coma fotos e vídeos desta maravillosa banda.

En 2005 outro documental co mesmo nome veu a luz, dirixido por Keven McAlester, pero centrándose na vida de Roky Erickson, cantante e guitarrista da banda. É un documental boísimo e premiado en varios festivais de cine, á altura do famoso ‘The Devil and Daniel Johnston’ co cal ten moitas similitudes, e que recomendo encarecidamente, espero poder poñelos neste blog próximamente.