Archive for the '– DE CINE' Category

CAMEO DE ALICE COOPER NA CURTAMETRAXE ‘FREAKSHOW’.

enero 22, 2010

‘Freakshow’ é unha curtametraxe de terror filmada e dirixida por Lynton V. Harris en 1999 sobre a noite de Halloween nun parque de atraccións de Coney Island en New York e, como non podía ser de outra maneira, conta co cameo da estrela do horror Alice Cooper, quen introduce, pon voz en off e da fin a esta breve historia.

TRENT REZNOR COMPARTE REPARTO CON MICHAEL J. FOX.

agosto 7, 2009

Aquí temos outro curioso cameo. Nesta ocasión rescatamos o pasado escuro de Trent Reznor, alma de Nine Inch Nails, nunha película dirixida por Paul Shrader en 1987 titulada Light Of Day e protagonizada por Michael J. Fox. Podemos ver a Reznor como teclista da banda ficticia The Problems (min: 1:01).

CAMEO DE THE DONNAS EN ‘JAWBREAKER’.

junio 24, 2009

Cameo que acabo de descubrir de The Donnas na película dirixida por Darren Stein en 1999 Jawbreaker e protagonizada por Rose McGowan.

ozzy osbourne en ‘little nicky’.

May 11, 2009

Pois sí, o príncipe das tinieblas tamén ten seu cameo na pantalla grande. Foi na comedia dirixida en 2000 por Steven Brill, Little Nicky, protagonizada por Adam Sandler e Patricia Arquette, e na cal fai o que máis lle gusta…

nick cave en ‘ghosts…of the civil dead’.

abril 28, 2009

Aparición de Nick Cave na película australiana de 1988 ‘Ghosts of the Civil Dead’ do director John Hillcoat.

A película está basada na historia real de Jack Henry Abbott. O guión está co-escrito por Cave e Hugo Race (ex-The Bad Seeds) entre outros.

the yardbirds en ‘blow up’.

abril 27, 2009

Aquí un dos mellores cameos dunha banda de rock nunha película. ‘Blow Up’ é unha película dirixida en 1966 polo italiano Michelangelo Antonioni e todo un icono da cultura sixtie.

Despois de contactar con The Velvet Underground ou os mesmísimos The Who finalmente foron The Yardbirds con Jimmy Page e Jeff Beck os elexidos para a escea na que Beck, o máis puro estilo Pete Townsend, destroza súa guitarra nunha actuación da banda.

skinny puppy en ‘the doom generation’.

abril 24, 2009

Cameo de cEvin Key e Nivek Ogre, fundadores de esa máquina industrial que son Skinny Puppy, na película The Doom Generation (1995) de Gregg Araki e protagonizada por Rose McGowan.

ian brown en ‘Harry Potter and the Prisoner of Azkaban’.

abril 23, 2009

Para cameos de músicos no séptimo arte o de Ian Brown (ex cantante de The Stone Roses) non pasará á historia polo simple feito de que pasa tan rápido o seu papel que apenas podes apreciar o seu talento interpretativo.

tom waits e iggy pop en ‘coffee & cigarettes’.

abril 23, 2009

Somewhere in California foi a terceira das once curtametraxes que compoñían aquel festival de cafeína e tabaco que era a película Coffee and Cigarettes do director Jim Jarmusch, e para él, contou con dúas lendas vivas la música, Tom Waits e Iggy Pop. En 1993 a curta gañou a Palma de Ouro do Festival de Cannes á mellor curtametraxe. Dez anos despois Jim Jarmusch remataría oito curtas máis coas que remataría ese  puzzle que é Coffee and Cigarettes.

-VERSIÓN ORIXINAL SUBTITULADA-

‘Stuff’, o corto sobre John Frusciante de Johnny Depp e Gibby Haynes.

abril 10, 2009

En 1993 Johnny Depp e Gibby Haynes (cantante de Butthole Surfers), foron o apartamento no que vivía John Frusciante en Hollywood Hills para grabar a curtametraxe ‘Stuff’, na cal a través das imaxes que recorren a vivenda de habitación en habitación, todas graffiteadas e cheas da basura que ía acumulando o ‘esqueleto con pel’ que era Frusciante neses días. Fundido na droga e cun aspecto físico bastante penoso a película móstranos a situación tan degradante e autodestructiva que estaba vivindo un dos últimos grandes guitarristas dos últimas décadas.

Por sorte, en 1997, John Frusciante rehabilitouse, casi milagrosamente, volveu para resucitar ós Red Hot Chili Peppers con ‘Californication’ e sacou uns discos en solitario brutais.