Archive for the 'tom waits' Category

TOM WAITS ‘LIVE IN DENMARK 1976’, online.

agosto 23, 2009

Concerto de Tom Waits e súa banda para un programa da televisión danesa. Gravado en xuño de 1976 na cidade de Copenhague.

Anuncios

ROY ORBISON, TOM WAITS & BRUCE SPRINGSTEEN.

agosto 23, 2009

Vaia panorama de personaxes os que reuniu o especial Roy Orbison and Friends, A Black and White Night da HBO en 1987, un ano antes de morte de Roy Orbison. Con invitados de luxo como Tom Waits, Elvis Costello, Jackson Browne, Bonnie Raitt ou Bruce Springsteen (o cal non soporto e, por suposto, non o vou a taggear) e coa TBC Band, sección rítmica da banda de Elvis Presley durante seus últimos anos de vida, de músicos de acompañamento.

Todo isto misturado cunha excelente realización en branco e negro e nun espacio ambientado nun clube nocturno dos anos 40. Calidade, elegancia e grandes cancións que nos fan recordar a este xenio da música do século XX.

– Xa colgarei o concerto completo máis adiante. Polo de agora…a disfrutar!.

tom waits vs. ramones.

junio 5, 2009

Fantástica a versión que fixeron os Ramones no seu último álbum Adiós Amigos (1995) do tema de Tom Waits ‘I Don’t Wanna Grow Up’ incluído no fabuloso Bone Machine de 1992.

VS.

tom waits ‘bridge school benefit concert’, online.

abril 17, 2009

Concerto benéfico de Tom Waits gravado o 30 de outubro de 1999 en Mountain View, California.