Archive for octubre, 2009

THE BYRDS ‘LIVE IN BRUSSELS 1971’.

octubre 30, 2009

Concerto de The Byrds gravado no Forest National Hall de Bruselas o 18 de maio de 1971, época na que a banda formábana Roger McGuinn, Clarence White, Gene Parsons e Skip Battin.

O concerto non está completo, son pouco máis de 20 minutos, pero o que aquí se escoita e se ve é impresionante.

THE BLACK KEYS ‘LIVE IN AUSTIN 2003’, online.

octubre 29, 2009

Concerto do dúo americano de hard blues The Black Keys gravado o 24 de outubro de 2003 no Emo’s Club de Austin, Texas.

Setlist: Hard Row, Thickfreakness, Busted, Them Eyes, Breaks, Set You Free, Do The Rump, I’ll Be Your Man, Have Love Will Travel, No Trust, & No Fun. Encore: Everywhere I Go & Heavy Soul.

ESCOITA UN ADIANTO DO DISCO DE THEM CROOKED VULTURES.

octubre 27, 2009

Pois se falamos de superbandas desta década poucos poden competir co que andan argallando Josh Homme (Kyuss, Queens Of The Stone Age), David Grohl (Nirvana, Foo Fighters) e o mesmísimo John Paul Jones (Led Zeppelin) coa axuda de Alain Johannes (Eleven, QOTSA).

Tras suas actuacións sorpresa en varios dos maiores festivais europeos de este verán, e tras varios cambios de data, finalmente o disco debut de Them Crooked Vultures editaráse o 17 de novembro e hai uns minutos a banda subiu o primeiro tema completo, ‘New Fang’, para sua escoita en streaming e que pinta moi moi ben.

BIFFY CLYRO ‘LIVE IN GLASGOW 2004’, online.

octubre 27, 2009

Video bootleg dun concerto de Biffy Clyro gravado o 14 de setembro de 2004 en Glasgow, Escocia.

‘LEGAL TEENS’, O NOVO VIDEOCLIP DE OCEANSIZE.

octubre 27, 2009

Non tiña nin idea de que Oceansize estaban preparando novo material pero ollando a web da revista Rockzone entereime de que o día 26 de outubro (ou sexa hoxe) editan un novo EP titulado Home And Minor, o cal presentan con este videoclip gravado no estudio correspondente o tema ‘Legal Teens’.

‘MÖTLEY CRÜE: DECADE OF DECADENCE’, documental online.

octubre 26, 2009

‘Decade Of Decadence’ é un documental retrospectivo de Mötley Crüe editado en 1992 sobre a primeira década de carreira da banda de Sunset Strip. Desgraciadamente a versión que corre por YouTube (a que podedes ver aquí abaixo) omite a colección de videoclips que figuraba no Home Video orixinal e céntrase só nas entrevistas ós membros da banda.

‘ON TOUR: HOLE & MARILYN MANSON’, reportaxe online.

octubre 26, 2009

Reportaxe emitido pola MTV sobre a tormentosa xira conxunta que realizaron Hole e Marilyn Manson en 1999 (cando as suas carreiras estaban no pico máis alto de popularidade: Courtney Love e compañía triunfaban co seu Celebrity Skin e Manson estreaba o polémico Mechanical Animals) que resultou ser un fracaso e na que as dúas bandas romperon as relacións supostamente porque Manson quería repartir os gastos de producción pero quería unha maior parte de beneficios xa que, segundo él, os asistentes iban a ver ó seu grupo.

Aquí podedes ver un resumo da xira en cuestión: directos, entrevistas e imaxes de backstage.

‘THE CLASH LIVE: REVOLUTION ROCK’, documental online.

octubre 23, 2009

‘The Clash Live: Revolution Rock’ é unha película documental dirixida polo seu colaborador e productor Don Letts en 2008 que recolle algunhas das máis relevantes actuacións da mítica banda liderada polo tristemente falecido Joe Strummer con moito material inédito ata a data.

Complete Control (From ‘The Essential Clash’)
I Fought The Law (Jan 1979, London Lyceum)
Police & Thieves (Jan 1980, Aylesbury Friars)
What’s My Name (Nov 1977, Manchester Elizabethan Suite)
Capitol Radio One (Nov 1977, Manchester Elizabethan Suite)
White Riot (April 1977, Beaconsfield Studios)
I’m So Bored With The USA (Nov 1978, Manchester Apollo)
London’s Burning (April 1978 London Victory Park)
1977 (April 1977, Beaconsfield Studios)
(White Man) In Hammersmith Palais (July 1978 Glasgow Apollo)
Tommy Gun (1978)
Safe European Home (July 1978, London Music Machine)
London Calling (June 1981, New York Bonds International Casino)
Clampdown (Feb 1980, Lewisham Odeon)
The Guns Of Brixton (April 1980, Fridays)
Train In Vain (Feb 1980, Lewisham Odeon)
This Is Radio Clash (June 1981, The Tomorrow Show)
The Magnificent Seven (June 1981, The Tomorrow Show)
Brand New Cadillac (Feb 1982, Tokyo Sun Plaza)
Should I Stay or Should I Go (Oct 1982, New York Shea Stadium)
Know Your Rights (May 1983, US Festival)

‘THE KINKS AT BEAT! BEAT! BEAT!’, concerto online.

octubre 22, 2009

Pois aquí temos o video da actuación que ofreceron The Kinks no famoso programa da televisión alemana ‘Beat! Beat! Beat!’ no cal interpretan cinco dos seus primeiros temas. Gravado o 23 de novembro de 1965.

 

Well Respected Man, e Milk Cow Blues.

Till The End Of The Day, I’m A Lover Not A Fighter, e You Really Got Me

JIM JONES REVUE EN DIRECTO NA TV FRANCESA.

octubre 22, 2009

Despois do apoteósico concerto de Jim Jones Revue onte á noite no Sidecar barcelonés cun increíble sold-out déixovos un video gravado en febreiro no programa Album De La Semaine do Canal+ francés onde interpretan ‘Cement Mixer’ do seu homónimo álbum debut.

¡Que volvan xa!