Archive for the '– DIOS LOS CRÍA…' Category

GINGER BAKER & MASTERS OF REALITY.

septiembre 1, 2009

Outra colaboración curiosa. Neste caso temos a unha lenda da música, o batería de Cream e Blind Faith, Ginger Baker colaborando cos Masters Of Reality de Chris Goss. E non unha simple colaboración senon que Baker gravou todo o segundo disco da banda, Sunrise On The Sufferbus de 1992, do cal escriveu variaos temas.

Este tema titúlase ‘She Got Me (When She Got Her Dress On)’ e chegou a estar no Top 10 de singles das listas ianquis.

Anuncios

ROY ORBISON, TOM WAITS & BRUCE SPRINGSTEEN.

agosto 23, 2009

Vaia panorama de personaxes os que reuniu o especial Roy Orbison and Friends, A Black and White Night da HBO en 1987, un ano antes de morte de Roy Orbison. Con invitados de luxo como Tom Waits, Elvis Costello, Jackson Browne, Bonnie Raitt ou Bruce Springsteen (o cal non soporto e, por suposto, non o vou a taggear) e coa TBC Band, sección rítmica da banda de Elvis Presley durante seus últimos anos de vida, de músicos de acompañamento.

Todo isto misturado cunha excelente realización en branco e negro e nun espacio ambientado nun clube nocturno dos anos 40. Calidade, elegancia e grandes cancións que nos fan recordar a este xenio da música do século XX.

– Xa colgarei o concerto completo máis adiante. Polo de agora…a disfrutar!.

THE SMASHING PUMPKINS & SKY SAXON.

agosto 19, 2009

Curiosa esta colaboración entre The Smashing Pumpkins (ou sexa Billy Corgan e Jimmy Chamberlin) e Sky Saxon e seu irmán Gary dos míticos The Seeds. A canción chámase ‘Superchrist’ que únicamente foi distribuída a través da tenda iTunes e da cal se gravou este videoclip.

CLAPTON, DYLAN, HARRISON, YOUNG, PETTY & MCGUINN.

agosto 12, 2009

O 16 de outubro de 1992 tivo lugar un concerto-homenaxe a Bob Dylan no Madison Square Garden de New York  no cal se celebrou os 30 anos de carreira musical de Dylan. O concerto contou  con diversas actuacións nas que Stevie Wonder, Lou Reed, Richie Havens, Johnny Cash e June Carter ou o mesmo Bob Dylan entre outros versionaban as cancións de éste. Pero o momento álxido da noite foi cando Eric Clapton, George Harrison, Neil Young, Tom Petty e Roger McGuinn subíronse ó escenario para interpretar o clásico ‘My Back Pages’ publicado no álbum Another Side Of Bob Dylan de 1964.

DAVE GROHL & LEMMY KILMISTER.

agosto 3, 2009

En 2004 Dave Grohl e Lemmy Kilmister uniron forzas cando o líder dos Foo Fighters o chamou para poñerlle a voz ao tema  ‘Shake Your Blood’ do seu proxecto en solitario chamado Probot no cal rendía homenaxe a bandas de heavy metal dos 80 contando con un cnatante distinto para cada tema.

A canción foi o único single extraído do álbum e o videoclip, onde aparecen rodeados de Suicide Girls,  pronto se converteu nun éxito na MTV.

Probot – Shake Your Blood (Uncensored Video)

Foo Fighters ft. Lemmy – Shake Your Blood (Live at Hyde Park)

Foo Fighters ft. Lemmy – I’ll Be Your Sister (Live at MTV VMA)

JAMES BROWN, MICHAEL JACKSON & PRINCE.

julio 23, 2009

Curioso este vídeo dunha actuación de James Brown en 1983 con dous invitados especiais nunha jam. Por primeira e, creo, única vez Michael Jackson e Prince compartindo escenario na época na que máis rivalizaban comercialmente. Jacko canta e baila un pouco para que despois Brown de paso a Prince, visiblemente perxudicado, que toca a guitarra e monta o seu propio espectáculo.

METALLICA & MARIANNE FAITHFULL.

junio 27, 2009

En 1997 Metallica invitaron á cantante británica Marianne Faithfull para que puxera as voces no seu tema ‘The Memory Remains’ do seu disco Reload.

A musa dos 60 comentou isto sobre a sua colaboración:

 “Adoro a Metallica, así que me volví loca con ese proyecto. Aunque si debo serte sincera, lo primero que escuché de ellos es un fragmento que me enviaron de la canción en la que debía colaborar. Fueron muy respetuosos y amables conmigo y, lo que es más importante, me pagaron y me pagaron muy bien”.

…y ellos se juntan: WAYLON JENNINGS & HANK WILLIAMS JR.

junio 19, 2009

‘The Conversation’ é un tema incluído no álbum de duetos Waylon And Company de 1983. Waylon Jennings fíxose acompañar de pesos pesados da historia do country como Willie Nelson, Emmylou Harris ou o que nos ocupa agora, Hank Williams Jr. O álbum tivo unha boa acollida e foi un éxito nas listas country da época.

y ellos se juntan: led zeppelin & neil young.

mayo 27, 2009

En 1995 Led Zeppelin foron premiados e incluídos no famoso Rock And Roll Hall Of Fame.

Aproveitando a ocasión tocaron algúns temas coma este ‘When The Levee Breaks’ acompañados pola guitarra sucia de Neil Young. Moi grande.

y ellas se juntan: pj harvey & björk.

mayo 15, 2009

Éste si que é un dueto de verdade. Dúas divas da música alternativa, que por aquela época aínda non deran o gran salto, PJ Harvey e Björk xuntas na gala dos Brit Awards do ano 1994 para versionar, nin máis nin menos, o ‘Satisfaction’ dos Stones.