Archive for the 'steve albini' Category

SHELLAC ‘LIVE AT PRIMAVERA SOUND 2008’, online.

agosto 6, 2009

Video bootleg correspondente a actuación de Shellac no festival barcelonés Primavera Sound na sua edición de 2008 no cal presentan as cancións do seu último LP Excellent Italian Greyhound.

recordando a…big black.

junio 3, 2009

Big Black foron unha banda de punk-hardcore e noise formada por Steve Albini en Chicago no ano 1982.

O seu debut foi o EP Lungs, con Albini gravando case todos os instrumentos coa axuda de John Bohnen ao saxo e bataerías pregrabadas dos teclados Roland (acreditado como un membro da banda). Albini utilizou este EP para reclutar a futuros membros para a banda. Orixinalmente o disco incluía obxectos como billetes de dólar, vendas ensangrentadas, condóns, pistolas de plástico ou follas de afeitar.

Lyle Preslar, guitarrista de Minor Threat, foi membro da banda durante seis meses pero foise por culpa de enfrentamentos con Albini. En 1983 incorpórante Jeff Pezzati e Santiago Durango, ó baixo e á guitarra respectivamente, e gravan dous EP’s máis (Bulldozer e Racer-X). Pouco despois Pezzati deixa a banda e Dave Riley ocupa o seu sitio.

En 1986 aparece o seu primeiro LP titulado Atomizer o cal se fai acompañar de notas que explican as letras das cancións, case todas ofensivas, con un humor sexista e racista. O álbum chegou a ocupar o #187 do Billboard.

Un ano despois a banda abandona Homestead Records, onde gravaran todo o seu material anteriormente, fichan por Touch & Go e lanzar un novo Ep chamado Headache cunha curiosa pegatina na portada «Not as good as Atomizer, so don’t get your hopes up, cheese!». A nota non era para chamar a atención senon que o grupo creía realmente que o disco non era tan bó coma o anterior.

Pouco despois Durango decide deixar a banda para centrarse nos seus estudios asique todos deciden que é o momento de deixalo e acabar con Big Black. Aínda así volven ó estudio para finalizar o sey segundo e último LP, o aclamado Songs About Fucking o cal incluía covers de Kraftwerk e Cheap Trick. Finalmente cada un tirou polo seu lado.

Pero aquí non rematou a cousa, en 2006 con motivo do 25 aniversario de Touch & Go as tres membros decidiron subirse ó escenario para tocar catro temas . Steve Albini dixo sobre Touch & Go ‘Este selo é o mellor que pasou na música da miña vida’.

‘don’t call me producer’, reportaxe sobre steve albini.

junio 3, 2009

Reportaxe bastante caseiro que atopei no YouTube sobre a carreira de Steve Albini tanto de músico como de productor. Para curiosos e fans de este gran home.