Archive for the 'pearl jam' Category

PEARL JAM ‘PAST, PRESENT & FUTURE’, online.

septiembre 4, 2009

‘Past, Present and Future’ é un reportaxe emitido en 1992 nun programa de televisión (non teño nin idea do nome) sobre o boom da banda de Seattle Pearl Jam e onde atopamos entrevistas ós membros do grupo así como clips en directo.

NOVO VIDEOCLIP DE PEARL JAM.

septiembre 2, 2009

Xa temos novo videocllip de Pearl Jam dende hai uns días. O tema é ‘The Fixer’ e é o primeiro single que se extrae do seu próximo Backspacer que estará a venda o día 20 de este mes. O video está dirixido por Cameron Crowe quen se reencontra coa banda despois da súa colaboración no filme de 1992, Singles, dirixido por Crowe.

‘ROCK AND ROLL HALL OF FAME INDUCTION: NEIL YOUNG’.

agosto 5, 2009

Reportaxe sobre a gala de introducción a Neil Young no ilustre Rock And Roll Hall Of Fame de Colorado o 15 de xaneiro de 1995. 

Despois da presentación de Eddie Vedder e dun emotivo discurso de agradecemento de Neil podemos ver unha actuación coa súa banda Crazy Horse acompañados dos membros de Pearl Jam na que interpretan ‘Fuckin Up’.

‘THE FIXER’, NOVO TEMA DE PEARL JAM.

julio 21, 2009

Xa podemos escoitar o segundo tema filtrado na rede do próximo disco de Pearl Jam. O tema chámase ‘The Fixer’ e será o primeiro single promocional de Backspacer.

pearl jam presentan un novo tema no show de conan o’brien

junio 2, 2009

Xa temos novo material de Pearl Jam que devorar. Esta noite pasada presentaron en exclusiva no Tonight Show de Conan O’Brien un novo tema que, supostamente, se chamará ‘Got Some’ e que estará incluído no seu novo álbum Backspacer.

Pearl Jam ‘Single Video Theory’, online.

abril 3, 2009

‘Single Video Theory’ (1998) é un documental rodado nunha película de 16 mm polo director Mark Pellington en 3 días de novembro de 1997, durante as sesións de gravación do quinto álbum de Pearl Jam, ‘Yield’.

Inclúe entrevistas coa banda e imáxes dos ensaios previos a sua xira con The Rolling Stones.