Archive for the 'the smashing pumpkins' Category

THE SMASHING PUMPKINS ‘MTV ROCKUMENTARY’, online.

febrero 12, 2010

Reportaxe emitido no programa Rockumentary da MTV sobre a banda The Smashing Pumpkins na época na que presentaban o seu aclamado doble disco Mellon Collie And The Infinite Sadness en 1995 e onde podemos ver entrevistas e actuacións exclusivas.

Anuncios

THE SMASHING PUMPKINS & SKY SAXON.

agosto 19, 2009

Curiosa esta colaboración entre The Smashing Pumpkins (ou sexa Billy Corgan e Jimmy Chamberlin) e Sky Saxon e seu irmán Gary dos míticos The Seeds. A canción chámase ‘Superchrist’ que únicamente foi distribuída a través da tenda iTunes e da cal se gravou este videoclip.

ESPECIAL: LIVE AT NULLE PART AILLEURS (NPA) [1ª PARTE]

julio 29, 2009

Nulle Part Ailleurs (aka NPA) foi un programa de entrevistas do Canal + francés que estivo en antena dende setembro de 1987 ata xuño de 2001 polo cal pasaron as maiores estrelas do cine, da música, da televisión ou da literatura entre outros. Pero ímonos centrar na parte musical porque realmente impresiona a cantidade de grupos e artistas de primeira liña que actuaron no programa: dende clásicos como Jimi Page e Robert Plant, David Bowie, Iggy Pop ou AC/DC pasando polos grupos punteiros dos 90 como Nirvana, Radiohead, Sepultura ata bandas que estaban totalmente fóra do mainstream como The Jesus Lizard ou Helmet.

Ésta é a primeira parte das deceas de vídeos existentes do programa. Irei recopilándoas porque paréceme moi interesante todo o elenco de artistas que actuaron nese plató.

Aquí en España tíñamos ó programa Lo + Plus (basado na idea do NPA) presentado por Máximo Pradera e Fernando Schwartz, un dos mellores programas da súa época e con invitados de nivel. A única pega que tiña eran as actuacións musicais: mentres en Francia levaban a Jeff Buckley aquí actuaba Rosario Flores.

Spain is different. Disfruten.

1. Jimmy Page & Robert Plant – ‘Rock’n’Roll’

2. David Bowie – ‘Scary Monsters’

3. Radiohead – ‘Karma Police’

4. Nick Cave & The Bad Seeds feat. Kylie Minogue – ‘Where The Wild Roses Grow’

5. The Jesus Lizard – ‘Thumper’

6. L7 – ‘Drama’

7. Portishead – ‘Glory Box’

8. Sonic Youth – ‘Sunday’

9. The Smashing Pumpkins – ‘Bullet With Butterfly Wings’

10. Sepultura – ‘Refuse/Resist’

11. The Breeders – ‘Cannonball’

12. Deftones – ‘Change (In The House Of Flies)’

13. Depeche Mode – ‘It’s No Good’

14. The Cure – ‘Boys Don’t Cry’

15. PJ Harvey – ‘Good Fortune’

16. Jon Spencer Blues Explosion – ‘Weil’

17. Nirvana – ‘Rape Me’

18. Helmet – ‘Pure’

19. A Perfect Circle – ‘Judith’

20. Soulfly – ‘Tribe’

‘tibetan freedom concert 1996’, documental online.

mayo 22, 2009

Tibetan Freedom Concert é un festival de música para apoiar a independencia do Tibet respecto a China. Dende 1996 ata 2001 o festival celebrouse nas codades de San Francisco (1996), New York (1997), Washington (1998), Amsterdam, Wisconsin, Sidney e Tokio (1999), e Tokio (2001).

Éste que nos ocupa é un documental dirixido por Sarah Pirozeck sobre a primeira ediciónque tivo lugar os días 15 e 16 de xuño no Golden Gate Park de San Francisco diante de unhas 100.000 persoas e no cal actuaron: 

The Smashing Pumpkins, Chaksam-pa, Beastie Boys, A Tribe Called Quest, Pavement, Cibo Matto, Biz Markie, Richie Havens, John Lee Hooker, Red Hot Chili Peppers, Rage Against the Machine, Sonic Youth, Beck, Foo Fighters, Björk, De La Soul, The Fugees, Buddy Guy, The Skatalites, Yoko Ono/Ima.