Archive for the 'chris isaak' Category

THE YARDBIRDS vs CHRIS ISAAK.

agosto 21, 2009

‘Heart Full Of Soul’ é unha canción composta por Graham Gouldman e popularizada por The Yardbirds. O single lanzouse en 1965 e foi todo un éxito en USA e UK e incluíuse no álbum recopilatorio Having A Rave Up dese mismo ano.

En 1986 o americano Chris Isaak publicaba seu aclamado álbum debut Chris Isaak e incluía unha gran versión do tema dos Yardbirds que pronto se convertiu nun clásico do seu repertorio.

VS.

Anuncios

CHRIS ISAAK ONTE EN ‘EL HORMIGUERO’.

junio 25, 2009

Pois si, nin eu daba crédito ao que vía na televisión. Chris Isaak en ‘El Hormiguero’!.

Un dos peores programas que se fixeron na historia da televisión española, no cal o seu penoso presentador e os seus máis penosos colaboradores dedícanse a facer e decir estupideces mentres o invitado non sabe onde meterse.

Pois ben, aquí Chris Isaak estivo xenial, boicoteando todas as pallas mentais de Pablo Motos e sacando sua parte máis gamberra e de paso ensinarlle ao enano de Motos o que é ser un showman de verdade.

Podedes ver varios videos aquí.

chris isaak confirma unha data española na súa xira.

junio 4, 2009

O estadounidense Chris Isaak confirmou onte unha data en España dentro da súa xira europea de outubro presentando seu novo disco Mr. Lucky. Terá lugar no Kursaal de San Sebastián o 14 de outubro de 2009.

Aínda se decoñecen os prezos das entradas e se haberá máis datas na península. Esperemos que si.

Aquí o single ‘We Let Her Down’ en directo.