Posts Tagged ‘power-pop’

WEEZER PRESENTAN NOVO TEMA NO SHOW DE LETTERMAN.

noviembre 7, 2009

Aquí temos a Rivers Coumo e seus Weezer presentando un tema novo, ‘I’m Your Daddy’, do seu último álbum Raditude no famoso Late Night…with David Letterman o pasado 30 de outubro.

Por certo, destacar que dende a última xira do seu Red Album o mesmísimo Josh Freese encárgase da batería mentres Patrick Wilson encárgase da guitarra.

BIG STAR vs CHEAP TRICK.

septiembre 10, 2009

‘In The Street’ é un tema da banda de Memphis e iconos do power-pop Big Star de escrito por Alex Chilton e Chris Bell e que está incluído no seu álbum ‘# 1 Record’ de 1972. En 1993 o cantante e guitarrista Alex Chilton máis o batería Jody Stephens decidiron volver á actividade para dar uns concertos de reunión, para os cales reclutaron a Jon Auer e Ken Stringfellow de The Posies acompañándoos á guitarra e ó baixo respectivamente.

En 1997 a banda Cheap Trick versionaron o tema de Big Star para incluílo na cabeceira da famosa serie That 70’s Show e, un ano máis tarde, volverían a grabar outra versión cun sonido un pouco distinto que é a que se ve aquí abaixo.

VS.

SESIÓN ACÚSTICA DE THE POSIES NA RADIO CANADENSE.

septiembre 10, 2009

Sesión acústica de Ken Strigfellow e Jon Auer, lideres de The Posies, gravada o 2 de outubro de 2005 no programa Hooked On Sonics do canle de radio CJLO de Montreal, Canadá.

EVAN DANDO NA TV AMERICANA.

junio 8, 2009

Actuación de Evan Dando nun programa da televisión americana donlle lle fan unha breve entrevista e toca unha boísima versión acústica de ‘It’s A Shame About Ray’ do álbum do mesmo nome que estaba promocionando coa súa banda The Lemonheads, asique este vídeo será de 1992 ou 1993.

reigning sound + the disciplines @ apolo, bcn (PS’09)

mayo 28, 2009

O martes decidín pasarme pola Sala Apolo para ver a nova banda de Ken Stringfellow, The Disciplines, e a Reigning Sound (The Right Ons pechaban a noite pero non me quedei a velos).

DDD2335 001

Cheguei á sala cando a banda do cantante e guitarrista de The Posies xa comezara o seu concerto. Agora Ken Strigfellow faise acompáñar duns colegas noruegos con que en febreiro lanzou o seu disco de debur titulado Yours For The Taken o cal presentaron case na súa totalidade. Power-rock con ese toque medio macarra/medio pose que tanto lles gusta alá polo norte. Stringfellow pasouse case todo o concerto na pista, cantando dende a barra do fondo, subíndose a todo o que vía e animando á xente a botar e a pasalo ben, cousa que conseguiu a base de bo humor e rock and roll. Son moi fan de The Posies e este tipo cáeme moi ben.

DDD2335 004

Ás 21.00 en punto chegaba o plato forte da noite, Reigning Sound. Antes de nada teño que decir que descoñecía completamente a esta banda ata hai unhas semanas e sorprendéronme moito e para ben.

Comezaron moi cañeros e acabaron moito máis. Garage punk de alto voltaxe con sentimento soul e toques de alt-country. Sí, todo isto misturado só pode ser síntoma de diversión. Descargaron temas do seu novo disco Love & Curses e do resto da súa discografía prestando máis atención ao seu disco máis punk Too Much Guitar. Tema tras tema todos me pareceron moi bós, e, sen apenas pausa entre eles, a xente cada mez meteuse máis no concerto e todos acabamos rendidos ós seus pés. Cincuentóns con sangue no corpo e grandes músicos.

Canto teñen que aprender a maioría de bandas de hoxe e día…

 

Texto, fotos e vídeos por: dominoes.