Archive for the '– RAREZAS' Category

RAREZAS: THE MONKEES.

febrero 11, 2010

Recuperamos unha rareza en forma de videoclip pouco coñecido dos americanos The Monkees.

Éste vídeo foi emitido no episodio Dance Monkee, Dance das suas series para a televisión yanquee e corresponde ó tema ‘If You Have The Time’  que ten a particularidade de ser unha versión alternativa, distinta a posteriormente publicada.

RAREZAS: THE WIPERS.

enero 28, 2010

Aquí vai un vídeo que ten un gran valor para todos os fanáticos dunha das bandas máis personais que un servidor escoitou nunca: os Wipers.

Os seguidores do trío de Portland apenas podemos facernos unha idea do que eran o xenio de Greg Sage e compañía ao vivo xa que na rede existe pouquísimo material en vivo da banda. Éste é o máis antigo e o que mellor pode describir esa sensación.

Así que gracias o documental Northwest Passage: Birth of Portland’s DIY Culture, dirixido por Mike Lastra e editado en 2007, podemos ver ós Wipers tocando o seu clásico ‘Over The Edge’ nun directo do ano 1983 cunha calidade máis que aceptable.

Isto é un tesouro, amigos.

RAREZAS: JIMI HENDRIX.

enero 22, 2010

Toda unha rareza para os fans de Jimi Hendrix. Este video foi gravado en 1967 para un filme promocional no cal podemos ver a Hendrix no estudio, acompañado pola sua Experience, tocando o piano e o violín ao son dos temas ‘Burning Of The Midnight Lamp’ e ‘The Wind Cries Mary’.

RAREZAS: THE WHO NA TELEVISIÓN SUECA EN 1966.

enero 8, 2010

Presentación dos grandiosos The Who no programa musical Popside da televisión sueca onde interpretan algunhas cancións do seu primeiro LP The Who Sings My Generation. Gravado o 5 de xuño de 1966.

The Ox/Daddy Rolling Stone

It’s Not True

Bald Headed Woman

The Kids Are Alright

My Generation

RAREZAS: CREEDENCE CLEARWATER REVIVAL.

diciembre 8, 2009

Aquí temos un clip que atopei dunha actuación da Creedende Clearwater Revival en Sydney no ano 1972 con imaxes inéditas e entrevistas.

Ésta foi a última xira da banda. Tom Fogerty abandoara á banda dous anos antes, o derradeiro LP Mardi Gras non tivo bo recibimento por parte da crítica e John Fogerty e seus compañeiros tiñan cada vez peor relación entre eles e co selo discográfico.

o 16 de outubro de ese ano Fantasy Records e o grupo anunciaban o fin de CCR.

RAREZAS: NEIL YOUNG.

noviembre 2, 2009

Inauguro unha nova sección titulada Rarezas, na que irei subindo vídeos que non son moi populares nin os típicos que podamos ver nas primeiras páxinas de YouTube, pero cun gran valor histórico e artístico.

Comezo con éste. Neil Young en estado puro, él e sua guitarrá sós no escenario do Finjan Folk Café de Montreal en xuño de 1970 onde interpreta un medley de dúas das cancións que máis me gustan dél: ‘The Loner’ e ‘Cinnamon Girl’.