Archive for the 'roger mcguinn' Category

THE BYRDS ‘LIVE IN BRUSSELS 1971’.

octubre 30, 2009

Concerto de The Byrds gravado no Forest National Hall de Bruselas o 18 de maio de 1971, época na que a banda formábana Roger McGuinn, Clarence White, Gene Parsons e Skip Battin.

O concerto non está completo, son pouco máis de 20 minutos, pero o que aquí se escoita e se ve é impresionante.

CLAPTON, DYLAN, HARRISON, YOUNG, PETTY & MCGUINN.

agosto 12, 2009

O 16 de outubro de 1992 tivo lugar un concerto-homenaxe a Bob Dylan no Madison Square Garden de New York  no cal se celebrou os 30 anos de carreira musical de Dylan. O concerto contou  con diversas actuacións nas que Stevie Wonder, Lou Reed, Richie Havens, Johnny Cash e June Carter ou o mesmo Bob Dylan entre outros versionaban as cancións de éste. Pero o momento álxido da noite foi cando Eric Clapton, George Harrison, Neil Young, Tom Petty e Roger McGuinn subíronse ó escenario para interpretar o clásico ‘My Back Pages’ publicado no álbum Another Side Of Bob Dylan de 1964.