Archive for the 'turbonegro' Category

TURBONEGRO ‘THE MAKING OF SCANDINAVIAN LEATHER’, documental online.

febrero 22, 2010

Documental sobre o proceso de gravación do disco Scandinavian Leather de Turbonegro, pouco despois da reunión da banda no ResErection Tour de 2002, cinco anos despois da sua última actuación. Despois dese parón indefinido, e tra-la publicación deste álbum, a historia da banda volvería a normalidade ofrecendo grandes discos e inolvidables actuacións.

Never is forever e Turbonegro menos asique disfrutémolos mentras poidamos.

Anuncios

TURBONEGRO ‘LIVE AT HULTSFRED 2003’, online.

julio 4, 2009

Concerto dos noruegos Turbonegro no festival sueco de Hultsfred na súa edición do 2003 durante a xira do seu disco Scandinavian Leather.

Coma sempre, incríbles.

especial festimad 2005: medo e asco en fuenlabrada.

mayo 14, 2009

Pois hoxe apetéceme recordar vellos tempos, e qué mellor que lembrar o Festimad 2005. Era meu terceiro Festimad consecutivo e tamén foi o último…

Ese festival cunha organización pésima en tódolos sentidos, o emplazamento máis inhumano para disfrutar da música ó aire libre (¿Fuenlabrada? Venganomejodas), nin fontes de auga, nin lavabos, nin vexetación, o sol queimándonos a pel, o vento levándonos arresto…e tantas cousas (malas) que se falaron de aqueles dous días no inferno. Pero houbo unha cousa boa, a máis importante, os concertos. Disfrutei coma un enano de grandes concertos como The Dillinger Escape Plan, Hermano, Turbonegro, Clutch, Slayer, The Hives, os 20 minutos de Fu Manchu antes de que se fora todo ó garete ou ese amencer espectacular con The Prodigy pechando aqueles dous días de caos, locura e destrucción.

Menos mal que só se é xoven unha vez na vida…

O CARTEL

OS CONCERTOS

THE HIVES

SLAYER

THE DILLINGER ESCAPE PLAN

HERMANO

WEDNESDAY 13

INCUBUS

CALIBAN

SICK OF IT ALL

THE PRODIGY

OS REPORTAXES

AS NOTICIAS