Archive for the 'led zeppelin' Category

LED ZEPPELIN ‘LIVE AID ’85’, online.

septiembre 28, 2009

Concerto de Led Zeppelin no célebre festival Live Aid, realizado simultáneamente en Philadelfia e en Londres o día 13 de xullo de 1985, diante de 78.000 personas que encheron o estadio JFK de Philadefia. Esta actuación foi a primeira que ofreceron os Zep despois da morte de John Bonham e na cal Phil Collins (que voóu de forma directa dende Londres a EEUU despois de rematar a sua actuación) ocupou o lugar do malogrado batería.

‘Rock and Roll’, ‘Whole Lotta Love’

‘Stairway to Heaven’

‘A TO ZEPPELIN: THE STORY OF LED ZEPPELIN’, documental online.

agosto 22, 2009

‘A To Zeppelin: The Story Of Led Zeppelin’ é un documental biográfico non autorizado sobre a historia dos grandiosos Led Zeppelin. Dirixido por Mark McLaughlin en 2004 o filme conta con entrevistas a Carmine Appice (Vanilla Fudge), Chris Dreja e Jeff Beck (The Yardbirds), Marky Ramone ou Roy Harper entre outros.

VERSIÓN ORIXINAL

ESPECIAL: LIVE AT NULLE PART AILLEURS (NPA) [1ª PARTE]

julio 29, 2009

Nulle Part Ailleurs (aka NPA) foi un programa de entrevistas do Canal + francés que estivo en antena dende setembro de 1987 ata xuño de 2001 polo cal pasaron as maiores estrelas do cine, da música, da televisión ou da literatura entre outros. Pero ímonos centrar na parte musical porque realmente impresiona a cantidade de grupos e artistas de primeira liña que actuaron no programa: dende clásicos como Jimi Page e Robert Plant, David Bowie, Iggy Pop ou AC/DC pasando polos grupos punteiros dos 90 como Nirvana, Radiohead, Sepultura ata bandas que estaban totalmente fóra do mainstream como The Jesus Lizard ou Helmet.

Ésta é a primeira parte das deceas de vídeos existentes do programa. Irei recopilándoas porque paréceme moi interesante todo o elenco de artistas que actuaron nese plató.

Aquí en España tíñamos ó programa Lo + Plus (basado na idea do NPA) presentado por Máximo Pradera e Fernando Schwartz, un dos mellores programas da súa época e con invitados de nivel. A única pega que tiña eran as actuacións musicais: mentres en Francia levaban a Jeff Buckley aquí actuaba Rosario Flores.

Spain is different. Disfruten.

1. Jimmy Page & Robert Plant – ‘Rock’n’Roll’

2. David Bowie – ‘Scary Monsters’

3. Radiohead – ‘Karma Police’

4. Nick Cave & The Bad Seeds feat. Kylie Minogue – ‘Where The Wild Roses Grow’

5. The Jesus Lizard – ‘Thumper’

6. L7 – ‘Drama’

7. Portishead – ‘Glory Box’

8. Sonic Youth – ‘Sunday’

9. The Smashing Pumpkins – ‘Bullet With Butterfly Wings’

10. Sepultura – ‘Refuse/Resist’

11. The Breeders – ‘Cannonball’

12. Deftones – ‘Change (In The House Of Flies)’

13. Depeche Mode – ‘It’s No Good’

14. The Cure – ‘Boys Don’t Cry’

15. PJ Harvey – ‘Good Fortune’

16. Jon Spencer Blues Explosion – ‘Weil’

17. Nirvana – ‘Rape Me’

18. Helmet – ‘Pure’

19. A Perfect Circle – ‘Judith’

20. Soulfly – ‘Tribe’

led zeppelin ‘ live at danish tv’, online.

abril 21, 2009

led

Concerto de Led Zeppelin na televisión danesa en 1969, cando apenas tiñas uns meses de vida. Impresionante.

1. Comunication Breakdown
2. Dazed and Confused
3. Babe I’m Gonna Leave You
4. How Many More Times

‘heavy metal: louder than life’, subtitulado online

abril 20, 2009

 Documental dirigido por Dick Carruthers en 2006 que explora la creación y evolución del Heavy Metal desde los comienzos hasta la actualidad, y en el que se aborda todos los elementos que conforman y rodean a este estilo musical: Historia, músicos, conciertos, acusaciones de satanismo, relación con los estudios, fans, medios de comunicación, vestuario, parafernalia, etc.El documental cuenta con extractos de actuaciones y videos de gente como Jimi Hendrix, Led Zeppelin, Deep Purple, Black Sabbath, Motörhead, Rainbow, Judas Priest, Iron Maiden, Saxon, Thin Lizzy, Mötley Crue, Overkill, Venom, Metallica, Anthrax, Twisted Sister, Napalm Death, Kiss, Alice Cooper, Marilyn Manson, Pantera, Skid Row, Slipknot, Whitesnake, The Who, Korn y Ratt entre muchos otros.