Archive for the '40’s' Category

MERLE TRAVIS vs TENNESSEE ERNIE FORD vs JOHNNY CASH.

julio 3, 2009

‘Sixteen Tons’ é unha canción composta en 1946 por Merle Travis para a sua box-set Folk Songs Of The Hill que foi popularizada en 1955 por Tennessee Ernie Ford, que a incluíu na cara B do seu single ‘You Don’t Have to Be a Baby to Cry’. A súa versión estivo dez semanas no número 1 das listas country e pasou oito semanas na cima das listas pop, convertíndose así na súa canción máis recordada.

Despois de iso o tema convertiuse nun himno da clase obreira e sería versionada por infinidade de artistas como Tom Jones ou The Platters, entre outros.

En 1987 Johnny Cash regrabaría a canción para o seu disco Johnny Cash Is Coming To Town e da cal se gravou o videoclip que podedes ver máis abaixo.

VS.

VS.

HANK WILLIAMS vs PATSY CLINE.

junio 19, 2009

‘Lovesick Blues’ é un clásico do country americano. O tema foi composto por Cliff Friend e Irvine Mills e gravado por Jack Shea en 1922. Existen innumerables versións do tema ata esta data. A máis popular e coñecida é a do gran Hank Williams, editada como single en 1949 e que foi un éxito total nas listas americanas.

En 1960, a tamén artista country Patsy Cline, aparecería no programa Jubilee da ABC cantando ‘Lovesick Blues’.

VS.

‘in love with hank’, documental online.

junio 5, 2009

‘In Love With Hank’ é un documental da BBC sobre o icono da música country, Hank Williams, morto en 1953 ós 29 anos de idade dunha sobredose de barbitúricos e alcohol.

-VERSIÓN ORIXINAL-

‘to hear your banjo play (1947)’, documental online.

abril 23, 2009

Weirdo Video Exclusive

Folk master Pete Seeger narrates Alan Lomax’s documentary on the evolution and appreciation of American folk music. Special cameo performances include Woody Guthrie and Brownie McGhee, amongst many others.