Archive for the 'danzig' Category

DANZIG & DOYLE ‘LIVE IN PHILADELPHIA 2005’, online.

septiembre 16, 2009

Video bootleg dun dos 3 únicos concertos que ofrecerían Danzig e Doyle (na miña opinión os dous compoñentes máis importantes dos Misfits) gravado no Electric Factory de Philadelphia o 2 de marzo de 2005 e no cal interpretan moitas cancións do seu pasado na banda como ‘Skulls’, ‘Earth AD’ ou ‘Die, Die My Darling’.

DANZIG vs MELISSA AUF DER MAUR & KAREN ELSON

junio 30, 2009

Versión do clásico ‘Devil’s Plaything’ de Danzig, incluído no grandioso Lucifuge II, a cargo de Melissa Auf Der Maur (ex-Hole e Smashing Pumpkins) e a modelo Karen Elson dende a habitación do famoso Chelsea Hotel de New York na que vive Melissa dende hai anos.

VS.

danzig ‘lucifuge: the video’, online

abril 14, 2009

dan

‘Lucifuge: The Video’ é o segundo home video de Danzig, o cal inclúe os videoclips de ‘Devil’s Plaything’, ‘Killer Wolf’, ‘I Am The One’ e ‘Her Black Wings’, aparte de imaxes nunca vistas e en directo.

danzig ‘home video’, online.

abril 14, 2009

danzig_vhs

Éste é o primeiro dos home videos que viron a luz de Danzig. Publicado en 1990, despois do éxito do seu primeiro disco ‘Danzig’, inclúe entrevistas ós membros do grupo Glenn Danzig, John Christ, Eerie Von e Chuck Biscuits, así como imaxes en directo, no backstage e dos fans da banda.

Inclúe os videos promocionais de ‘Am I Demon’, ‘Twist of Cain’, ‘She Rides’ e, como non, o seu clásico ‘Mother’.