Archive for the 'the hellacopters' Category

The Royal Cream vs The Hellacopters.

abril 4, 2009

En 2005 a banda sueca The Royal Cream publicou o seu primeiro disco chamado ‘Death is Not a Destination, It’s a State of Mind’, o cal incluía ‘Darling Darling’. Tres anos despois seus paisanos The Hellacopters decidían poñer fin a sua carreira, non sen antes publicar un derradeiro álbum e realizar unha xira (a cal tivo parada ná Coruña) para despedirse dos seus fans.

O disco chamouse ‘Head Off’ e, soprendentemente, foi un disco de versións, pero tampouco eran as típicas versións de temas clásicos nin de bandas moi coñecidas senon un homenaxe a todas as bandas underground que eles admiraban, coas que tocaran e coas que tiñan unha gran amizade. O álbum inclúe temas dos Demons, The Bellrays, Dead Moon ou The Robots e para pechar o disco estaba ‘Darling Darling’ que a min, persoalmente, encántame.

 

VS.