‘Reunited’ é un tema do dúo vocal Peaches & Herb que foi todo un éxito en 1979 cando pasou catro semanas no número 1 das listas norteamericanas. A canción estaba incluída no seu LP 2 Hot.
Este ano os reunidos Faith No More, facendo gala do seu humor tan peculiar, decidiron abrir todos os seus concertos da xira versionando a clásica balada R&B.
Aquí temos a segunda parte do Especial NPA. Outros 20 vídeos de estilos moi variados: dende o hardcore de Suicidal Tendencies, o trip-hop de Massive Attack, o metal de Machine Head, o punk-pop de Blink-182, o industrial de Young Gods pasando por toda a ola britpopeira de Oasis, Blur, Supergrass ou Paul Weller entre outros.
Impresionante o concerto que deron o venres Faith No More no Download Festival británico que se realiza no mítico Donington Park. Simplemente perfecto.
A banda de Mike Patton comezou onte á noite a sua xira europea tocando no emblemático Brixton Academy londinense.
Espero poder desprazarme a algunha cidade onde toquen este verán (xa que non pisan o estado español) e ter ocasión de ver un gran concerto de Faith No More, algo que ó ano pasado parecía impensable.Vendo o setlist, moi extenso e moi variado, a envidia e as gañas de velos invaden o meu corpo.
01. Reunited (Peaches & Herb cover)
02. The Real Thing
03. From Out Of Nowhere
04. Land Of Sunshine
05. Caffeine
06. Evidence
07. Chinese Arithmetic
08. Surprise! You’re Dead!
09. Easy
10. Last Cup Of Sorrow
11. Midlife Crisis
12. Cockoo For Caca
13. The Gentle Art Of Making Enemies
14. RV
15. King For A Day
16. Malpractice
17. Jizzlobber
18. Be Aggressive
19. Epic
20. Mark Bowen