Archive for the 'tom petty' Category

CLAPTON, DYLAN, HARRISON, YOUNG, PETTY & MCGUINN.

agosto 12, 2009

O 16 de outubro de 1992 tivo lugar un concerto-homenaxe a Bob Dylan no Madison Square Garden de New York  no cal se celebrou os 30 anos de carreira musical de Dylan. O concerto contou  con diversas actuacións nas que Stevie Wonder, Lou Reed, Richie Havens, Johnny Cash e June Carter ou o mesmo Bob Dylan entre outros versionaban as cancións de éste. Pero o momento álxido da noite foi cando Eric Clapton, George Harrison, Neil Young, Tom Petty e Roger McGuinn subíronse ó escenario para interpretar o clásico ‘My Back Pages’ publicado no álbum Another Side Of Bob Dylan de 1964.