Posts Tagged ‘rockabilly’

IMELDA MAY ‘LIVE IN OTHER VOICES 2010’, online.

agosto 10, 2010

 

Presentación, entrevista e actuación de Imelda May o 10 de febreiro de 2010 no programa Other Voices da RTE irlandesa onde presanta un tema do seu último LP Mayhem.

Eternity / Knock 123

Kentish Town Waltz

Pull The Rug

Anuncios

‘ESPECIAL AZKENA ROCK FESTIVAL 2010’, reportaxe online.

julio 18, 2010

Programa especial emitido pola ETB sobre a última edición do Azkena Rock Festival celebrado en Vitoria-Gasteiz os días 28, 29 e 30 de xuño de 2010. Neste reportaxe de máis de 2 horas de duración poderás ver as actuacións de case todas as bandas que participaron no festival (exceptuando as de Slash, Bob Dylan e Chris Isaak entre outros), entrevistas ós grupos e demais material festivaleiro.

Obrigado de ver para os que estivemos alí.

DOCUMENTAL SOBRE KITTY, DAISY & LEWIS, online.

enero 24, 2010

Aquí temos outro documental da colleita da BBC que sempre é sinónimo de calidade. Nesta ocasión o turno e para o combo Kitty, Daisy & Lewis, os adolescentes británicos que están en boca de todos despois do seu aclamado álbum debut en 2008. Un grupo peculiar cunha historia pouco común.

ESPECIAL: LIVE AT NULLE PART AILLEURS (NPA) [3ª PARTE]

agosto 29, 2009

Aquí tedes a terceiras parte do Especial NPA. Nesta ocasión temos outra tanda de videos bastante variados: dende os clásicos Alice Cooper, Lou Reed ou John Fogerty pasando polo maravilloso mundo de The Cramps, mártires como Jeff Buckley, rock 90’s da man de Hole, The Black Crowes ou Grant Lee Buffalo e moitos máis.

A disfrutar!

1. The Cramps – (1995)

2. Sparklehorse – ‘Hammering The Cramps’ (1996)

3. Alice Cooper – ‘Blow Me A Kiss’ (2000)

4. Rancid – ‘Ruby Soho’

5. Jeff Buckley – Grace (1995)

6. 16 Horsepower – ‘Haw’ (1997)

7. Beck – ‘Loser’ (1995)

8. Lou Reed – ‘Satellite Of Love’ (1996)

9. Grant Lee Buffalo – ‘Mockingbird’ (1994)

10. John Fogerty – ‘Proud Mary’ + ‘Joy Of My Life’ (1997)

11. The Black Crowes – ‘A Conspiracy’ (1994)

12. …And You Will Know Us By The Trail Of Dead – ‘Mistakes And Regrets’

13. Fiona Apple – ‘Shadowboxer’

14. Hole – ‘Doll Parts’ (1995)

15. Nashville Pussy – ‘Snake Eyes/Go Motherfucker Go’

16. ZZ Top – ‘She’s Just Killing Me’ + ‘Vincent Price Blues’ (1996)

17. Joseph Arthur – ‘Daddy’s On Prozac’ (1997)

18. Chris Cornell – ‘Can’t Change Me’ (1999)

19. Rocket From The Crypt – ‘Born In 69’ (1996)

20. Mogwai – ‘Summer’ (1998)

ROY ORBISON, TOM WAITS & BRUCE SPRINGSTEEN.

agosto 23, 2009

Vaia panorama de personaxes os que reuniu o especial Roy Orbison and Friends, A Black and White Night da HBO en 1987, un ano antes de morte de Roy Orbison. Con invitados de luxo como Tom Waits, Elvis Costello, Jackson Browne, Bonnie Raitt ou Bruce Springsteen (o cal non soporto e, por suposto, non o vou a taggear) e coa TBC Band, sección rítmica da banda de Elvis Presley durante seus últimos anos de vida, de músicos de acompañamento.

Todo isto misturado cunha excelente realización en branco e negro e nun espacio ambientado nun clube nocturno dos anos 40. Calidade, elegancia e grandes cancións que nos fan recordar a este xenio da música do século XX.

– Xa colgarei o concerto completo máis adiante. Polo de agora…a disfrutar!.

brian setzer ‘session at west 54th’, online.

abril 27, 2009

 

Actuación gravada o 22 de outubro de 1998 nos Sony Music Studios de New York para o programa de televisión Sessions at West 54th.