Posts Tagged ‘rock’n’roll’

‘ESPECIAL AZKENA ROCK FESTIVAL 2010’, reportaxe online.

julio 18, 2010

Programa especial emitido pola ETB sobre a última edición do Azkena Rock Festival celebrado en Vitoria-Gasteiz os días 28, 29 e 30 de xuño de 2010. Neste reportaxe de máis de 2 horas de duración poderás ver as actuacións de case todas as bandas que participaron no festival (exceptuando as de Slash, Bob Dylan e Chris Isaak entre outros), entrevistas ós grupos e demais material festivaleiro.

Obrigado de ver para os que estivemos alí.

Anuncios

TURBONEGRO ‘THE MAKING OF SCANDINAVIAN LEATHER’, documental online.

febrero 22, 2010

Documental sobre o proceso de gravación do disco Scandinavian Leather de Turbonegro, pouco despois da reunión da banda no ResErection Tour de 2002, cinco anos despois da sua última actuación. Despois dese parón indefinido, e tra-la publicación deste álbum, a historia da banda volvería a normalidade ofrecendo grandes discos e inolvidables actuacións.

Never is forever e Turbonegro menos asique disfrutémolos mentras poidamos.

JIM JONES REVUE EN DIRECTO NA TV FRANCESA.

octubre 22, 2009

Despois do apoteósico concerto de Jim Jones Revue onte á noite no Sidecar barcelonés cun increíble sold-out déixovos un video gravado en febreiro no programa Album De La Semaine do Canal+ francés onde interpretan ‘Cement Mixer’ do seu homónimo álbum debut.

¡Que volvan xa!

BARRACUDAS ‘SURFERS ARE BACK’, documental online.

septiembre 11, 2009

‘Surfers Are Back’ é un documental sobre a xira de reunión que fixeron en 2004 os Barracudas con motivo do 25º aniversario da creación da banda e no cal se fai un breve repaso á historia desta fantástica banda mediante entrevistas a Jeremy Gluck & Robin Wills (únicos membros orixinais da banda) e Chris Wilson (ex-cantante dos míticos Flamin’ Groovies e membro ocasional das súas últimas xiras) e vídeos dunha actuación en directo no Dirty Water Club de Londres.

‘Surfers Are Back’

‘Somebody’ + ‘1965 Again’

‘Violent Times’ + ‘Inside Mine’

‘Slow Death’ (Flamin’ Groovies cover)

‘You’re Gonna Miss Me’ (13th Floor Elevators cover)

‘Summer Fun’

EAGLES OF DEATH METAL ‘LIVE FRENCH TV 2009’, online.

agosto 30, 2009

Concerto dos Eagles Of Death Metal de Jesse Hughes e Josh Homme (aínda que nesta ocasión reemplázao seu compañeiro de QOTSA e ex-batería de Danzig: Joey Castillo) gravado no Studio 104 da televisión francesa en París o 26 de xaneiro de 2009.

AC/DC ‘LIVE 1977’, online.

agosto 22, 2009

Histórica presentación en directo de AC/DC onde descargan os temas do seu clásico Let There Be Rock. Gravado en Londres o 27 de outubro de 1977 para o programa Sight And Sound da BBC 2.

TRÁILER DE ‘EDGEPLAY’ O DOCUMENTAL SOBRE THE RUNAWAYS.

agosto 22, 2009

‘Edgeplay: A Film About The Runaways’ é un documental escrito e dirixido por Victory Tischler-Blue en 2004 sobre The Runaways, a primeira banda de rock formada totalmente por mulleres e pioneiras do movimento riot grrl.

O documental non o atopei por ningures e o único que se pode ver é este tráiler que alguén subeu a YouTube hai unhas semanas.

CONCERTO DE BACKYARD BABIES NA TV SUECA.

julio 21, 2009

Concerto de Backyard Babies na televesión sueca o 10 de decembro de 2001 coincidindo coa saida do seu disco Making Enemies Is Good.

NASHVILLE PUSSY EN DIRECTO NA TV FRANCESA.

julio 14, 2009

Actuación de Nashville Pussy nun programa do Canal+ francés en 2005 e no cal interpretan ‘Come On Come On Come On’.

‘ON TOUR WITH: MONSTER MAGNET & QOTSA’, online.

julio 14, 2009

‘On Tour With: Monster Magnet & Queens Of The Stone Age’ é un reportaxe sobre o tour que realizaron as dúas bandas en Alemania no ano 2001 e que foi incluído nun CD-Rom que regalaba a revista Visions.