Posts Tagged ‘beat’

‘THE STORY OF THE TROGGS’, documental online.

mayo 14, 2010

Seguimos coa serie de documentais realizados pola BBC sobre as grandes bandas británicas dos 60, agora é o turno de The Troggs.

A banda arrasou en Inglaterra e en Estados Unidos en 1966 coa sua versión de ‘Wild Thing’ pero a sua fama iría decaendo có paso do tempo. Éste documental repasa a historia da banda da man a través de vídeos e fotografías acompañados polas opinións dos membros da banda xunto coas dos xornalistas da época.

‘THE STORY OF THE ANIMALS’, documental online.

febrero 21, 2010

Aquí temos outro breve documental da BBC que forma parte da serie dedicada os grandes grupos ingleses da época. Ésta vez tócalles a The Animals, a banda liderada por Eric Burdon que rompeu nas listas de éxitos de UK e USA en 1994 coa reinterpretación do famoso ‘The House Of The Rising Sun’. Coma sempre, podemos ver imaxes e vídeos da sua época dourada asi como entrevistas ós membros da banda, ó seu productor, ó roadie ou a xornalistas da época.

‘THE STORY OF THE YARDBIRDS’, documental online.

febrero 14, 2010

Documental emitido polo Channel 4 da BBC británica en 1994 sobre a historia de outra das mellores bandas dos anos 60: The Yardbirds.

Este documental fai un breve repaso á carreira da banda a traves de imaxes e filmacións da época e no cal podemos ver entrevistas a Jimmy Page, Eric Clapton, Jeff Beck, Jim McCarthy e Chris Dreja.

‘THE KINKS AT BEAT! BEAT! BEAT!’, concerto online.

octubre 22, 2009

Pois aquí temos o video da actuación que ofreceron The Kinks no famoso programa da televisión alemana ‘Beat! Beat! Beat!’ no cal interpretan cinco dos seus primeiros temas. Gravado o 23 de novembro de 1965.

 

Well Respected Man, e Milk Cow Blues.

Till The End Of The Day, I’m A Lover Not A Fighter, e You Really Got Me

RECORDANDO A…LOS BESTIAS.

julio 27, 2009

Los Bestias foron un grupo arxentino do cal pouco se coñece. Tan só estes vídeos extraídos do programa La Escala Musical do Canal 13, onde en 1967 participaron nun concurso de bandas no que quedaron en segundo posto. Despois diso a banda firmou por unha discográfica, aínda que descoñécese se existe algunha gravación editada oficialmente.

A banda formábana Miguel Witis na voz, Oscar “Quique” Alvarado nos teclados, Eduardo Levy na guitarra, Miguel Rosales na batería e César Paredes no baixo.

Ésta formación un ano despois, en 1968, cambiaríase o nome a Los Blue’s Men e gravarían un só LP Prohibido Prohibir que se pode atopar fácilmente nalgúns blogs por se alguén o quere descargar.

ESPECIAL: AUSTRALIAN GARAGE BEAT!

julio 8, 2009

Por case todos é coñecido que Australia é un dos países que máis bandas exportou (e exporta) de rock’n’roll ó longo do último século, asique hoxe quero adicarlle un post ás vellas bandas de garage da metade dos 60 que promoveron o rock nas antípodas.

Podedes ler máis aquí: http://en.wikipedia.org/wiki/Australian_rock

THE EASYBEATS – Sorry

ALLUSIONS – Gypsy Woman

THE THORTS – For My Woman (The Easybeats cover)

RICHARD WRIGHT GROUP – No No No No

THE ATLANTICS – ?

BLACK DIAMONDS – ?

THE CHEROKEES – Minnie the Moocher

RONDELLS – You Better Run

THE D COYDS – You’re Against

JEFF ST JOHN & THE ID – Stupidity