Posts Tagged ‘hard rock’

NOVO VIDEOCLIP DE WOLFMOTHER.

octubre 19, 2009

¡Por fin! Despois de 4 anos xa temos material novo de Wolfmother. Coincidindo coa saída á venda do seu novo álbum Cosmic Egg os australianos ensínannos a través do seu canle en YouTube o seu novo videoclip que corresponde o tema ‘New Moon Rising’.

Persoalmente espero que esta nova etapa da banda (recordemos a fuga dos dous antigos compañeiros de Andrew Stockdale e a entrada de tres novos membros) siga tendo éxito e nos de a oportunidade de volver a velos por estas terras.

THE CULT ‘LIVE AT KROQ WEENIE ROAST 2001’, online.

agosto 29, 2009

Concerto de The Cult gravado no festival KROQ Weenie Roast o 23 de xuño de 2001 no Irvine Meadows Amphitheatre de Los Angeles.

A calidade da imaxe non é moi boa debido a que está ripeado directamente da web do festival pero o audio é bastante bó.

TALKING HEADS vs VELVET REVOLVER.

agosto 6, 2009

‘Psycho Killer’ é un tema escrito por David Byrne para o álbum 77 dos Talking Heads e todo un himno da new wave novaiorquina. Un tema versionado por infinidade de artistas como Terrorvision, The Faint, Jason Isbell ou o caso quer nos ocupa, que son os Velvet Revolver de Slash e compañía, os cales versionaban habitualmente nos seus concertos.

VS.

‘OUTER SPACE’, ADIANTO DO NOVO DISCO DE ACE FREHLEY.

julio 31, 2009

Xa temos novo material en solitario do meu Kiss favorito, como non, Ace Frehley.

‘Outer Space’ estará incluído no seu próximo álbum Anomaly que se publicará o 15 de setembro, dez anos despois do seu último disco Trouble Walkin’. Todo un bo pepinazo de hard rock. Eso si, a portada ten delito…

Podedes escoitala neste enlace: http://www.idesignprod.com/AF/

ADIANTO DO NOVO DISCO DE ALICE IN CHAINS.

junio 30, 2009

Xa temos aquí un adianto do esperado novo disco de Alice In Chains. O tema chámase ‘A Looking In View’ e estará incluído en Black Gives Way To Blue que sairá a venda o 29 de setembro.

A verdade é que o tema está máis que ben e William DuVall ten unha moi boa voz. Paréceme unha boa decisión por parte de Jerry Cantrell e os seus compañeiros que contaran con él e, contra todo pronóstico, que volvan á carretera como Alice In Chains.

Esperaremos a ter o disco nas nosas mans (ou no noso disco duro) para emitir un veredicto definitivo.

DANZIG vs MELISSA AUF DER MAUR & KAREN ELSON

junio 30, 2009

Versión do clásico ‘Devil’s Plaything’ de Danzig, incluído no grandioso Lucifuge II, a cargo de Melissa Auf Der Maur (ex-Hole e Smashing Pumpkins) e a modelo Karen Elson dende a habitación do famoso Chelsea Hotel de New York na que vive Melissa dende hai anos.

VS.

REPORTAXE DA TV AUSTRALIANA SOBRE CRUCIFIED BARBARA.

junio 24, 2009

Aquí tedes un reportaxe emitido pola televisión australiana sobre as rockeiras suecas Crucified Barbara durante a xira que ofreceron alí no 2006. Inclúe unha entrevista á banda e algunha toma en directo.

recordando a…the storm.

mayo 18, 2009

THE STORM foi unha banda formada en Sevilla en 1968 por Ángel Ruiz (guitarra), Diego Ruiz (batería) José Torres (baixo) e Luis Genil (teclado) cando apenas contaban con 12 anos. Comezaron tocando versións dos Rolling Stones, Jimi Hendrix, Otis Redding ou James Brown no colexio e na igrexa.

En 1972 empezan a tocar en Madrid con moitas dificultades debido o estilo de música que practicaban. Naqueles tempos aínda non tiñas repertorio propio pero ían mellorando e xa tocaban versión de Deep Purple ou Led Zeppelin.

En 1974 sae á luz o seu disco debut, The Storm, a través de Basf/Singleton Productions, un maxistral exercicio de hard rock progresivo cunha clara influencia purpleiana sobre todo polo característico sonido do Hammond de Luis Genil, con 3 pezas instrumentais e o resto dos temas cantados completamente nun inglés bastante rudimentario. Gravado en 4 horas nun improvisado directo nos estudios Audio Film o disco agota todas as copias rápidamente e o grupo sigue xirando por España con os seus paisanos Triana e chegando a telonear a Queen en decembro dese mismo ano no Palacio de Deportes de Barcelona, os cales se lles acercaron para felicitalos pola súa actuación.

thestorm2vb3

Despois de iso, en 1975, o grupo sufre un parón de 2 anos debido a que se teñen que incorporar ó servicio militar.

Tras rematar a mili en 1977 o grupo sae desganado e sentindo que perderan a oportunidade de facer algo grande coa súa música. Aínda así en 1979 entran a gravar nos estudios Sonoland de Madrid o que sería seu segundo LP que sae un ano despois chamado El Día De La Tormenta decantándose por un rock máis melódico e cantando todos os temas en castelán. Pouco despois o grupo disolveuse.

 

Aquí vos deixo unha impresionante actuación gravada para o programa Ahora de TVE en 1975.

ou ver o concerto completo AQUÍ.

wolfmother ‘jtv live’, online.

mayo 18, 2009

WOLFMOTHER en directo no programa JTV Live do canle australiano ABC repasando o seu primeiro disco o completo. Gravado en decembro de 2005 en Sydney.

alice in chains ‘live at hollywood rock 1993’, online.

mayo 5, 2009

Alice in Chains performing live on Hollywood Rock concert in Rio de Janeiro.
Quality of course not the best, as this was recorded from TV in 1993, but well worth it.