Posts Tagged ‘progressive’

‘BILL BAILEY’S TOP TEN PROGRESSIVE ROCK’, documental online.

febrero 5, 2010

Documental do Channel 4 BBC adicado o rock progresivo, estilo que apareceu a finais dos anos 60 e que floreceu na década dos 70 con King Crimson ou Pink Floyd como abanderados do seu sonido. Éste filme repasa as principais bandas do xénero a través de entrevistas a diferentes membros dos grupos máis exitosos escollidos polo músico e comediante británico Bill Bailey.

NOTA: Falta a primeira parte porque non aparece por ningures no YouTube.

Hawkwind / Rush

RushEmerson Lake & Palmer / Yes

Yes / Jethro Tull

Moody Blues

Genesis

Pink Floyd

JETHRO TULL ‘LIVE AT MADISON SQUARE GARDEN’, online.

julio 22, 2009

Concerto de Jethro Tull no Madison Square Garden de New York o 10 de setembro de 1978 durante o Heavy Horses Tour.

Inclúe: “Thick As A Brick”, “No Lullaby”, “Songs From The Wood”, “Jig”, “Aqualung”, “Locomotive Breath”, e “Dambuster’s March”.

‘THIS IS…THE FIRST 20 YEARS OF JETHRO TULL’, documental online.

junio 19, 2009

 

This is… The First 20 Years of Jethro Tull é un documental emitido no canle ITV en 1989 sobre os primeiros 20 anos de carreira da banda de Ian Anderson Jethro Tull.

-VERSIÓN ORIXINAL-

recordando a…the storm.

mayo 18, 2009

THE STORM foi unha banda formada en Sevilla en 1968 por Ángel Ruiz (guitarra), Diego Ruiz (batería) José Torres (baixo) e Luis Genil (teclado) cando apenas contaban con 12 anos. Comezaron tocando versións dos Rolling Stones, Jimi Hendrix, Otis Redding ou James Brown no colexio e na igrexa.

En 1972 empezan a tocar en Madrid con moitas dificultades debido o estilo de música que practicaban. Naqueles tempos aínda non tiñas repertorio propio pero ían mellorando e xa tocaban versión de Deep Purple ou Led Zeppelin.

En 1974 sae á luz o seu disco debut, The Storm, a través de Basf/Singleton Productions, un maxistral exercicio de hard rock progresivo cunha clara influencia purpleiana sobre todo polo característico sonido do Hammond de Luis Genil, con 3 pezas instrumentais e o resto dos temas cantados completamente nun inglés bastante rudimentario. Gravado en 4 horas nun improvisado directo nos estudios Audio Film o disco agota todas as copias rápidamente e o grupo sigue xirando por España con os seus paisanos Triana e chegando a telonear a Queen en decembro dese mismo ano no Palacio de Deportes de Barcelona, os cales se lles acercaron para felicitalos pola súa actuación.

thestorm2vb3

Despois de iso, en 1975, o grupo sufre un parón de 2 anos debido a que se teñen que incorporar ó servicio militar.

Tras rematar a mili en 1977 o grupo sae desganado e sentindo que perderan a oportunidade de facer algo grande coa súa música. Aínda así en 1979 entran a gravar nos estudios Sonoland de Madrid o que sería seu segundo LP que sae un ano despois chamado El Día De La Tormenta decantándose por un rock máis melódico e cantando todos os temas en castelán. Pouco despois o grupo disolveuse.

 

Aquí vos deixo unha impresionante actuación gravada para o programa Ahora de TVE en 1975.

ou ver o concerto completo AQUÍ.