Posts Tagged ‘trip-hop’

MARTINA TOPLEY-BIRD vs THE TWILIGHT SINGERS.

agosto 30, 2009

‘Too Tough To Die’ é un tema incluído en Quixotic (2003), o primeiro álbum en solitario de Martina Topley-Bird, ex-moza, colaboradora e nai dun fillo de Tricky.

Dous anos máis tarde os Twilight Singers de Greg Dulli incluían a canción no seu disco de versións She Loves You e adaptábana perfectamente ó estilo da banda dándolle un aire  máis acertado que a versión orixinal (na miña humilde opinión).

VS.

ADIANTO DO NOVO DISCO DE SOULSAVERS.

agosto 19, 2009

Broken é o novo disco do dúo británico Soulsavers. Mark Lanegan volve a colaborar coa banda, despois do aclamado It’s Not How Far You Fall, It’s The Way You Land de 2007, e co-escribe 10 temas do novo álbum que conta con invitados de luxo como Jason Pierce, Gibby Haynes, Richard Hawley ou o mesmísimo Mike Patton que canta xunto con Lanegan este ‘Unbalanced Pieces’.

SUPERBANDS: LOVAGE.

junio 11, 2009

LOVAGE foi (non se sabe se terá countinuación) un proxecto do productor de hip-hop Dan ‘the Automator’ Nakamura e no cal formou equipo con Mike Patton e a cantante Jennifer Charles dos neoiorquinos Elysian Fields.

Xuntos sacaron o disco Music To Make Love To Your Own Lady By en 2001 e realizaron unha xira de 13 datas por EEUU acompañados por Kid Koala aos pratos. Un disco recomendadísimo, trip-hop de calidade, a veces moi cerca de Portishead, con letras moi explícitas e unha música moi elegante.

…e un vídeo do seu primeiro concerto.

‘portishead in portishead’, online.

abril 27, 2009

‘Portishead in Portishead’ – a 31 minute piece filmed in December 2007 in the drama block at Geoff Barrow’s old school, Gordano School in Portishead and featuring 7 songs from Third.

massive attack ‘live at glastonbury 2008’, online.

abril 18, 2009

Concerto da banda de Bristol, Massive Attack, no famoso festival británico de Glastonbury e no cal repasan moitos dos seus grandes éxitos.