Xa temos novo material dos rapeiros de Ordes Dios Ke Te Crew. Despois do seu primeiro largo, Xénese de 2006, que supuxo unha grande sorpresa no panorama musical galego, chéganos un adianto de 2 temas para deixarnos cós dentes largos agardando o seu próximo LP que se editará a finais de ano.
Flich Studio é unha empresa de animación americana especializada na crítica e sátira de persoaxes populares como músicos, actores, empresarios e ata de propios debuxos.
Tibetan Freedom Concert é un festival de música para apoiar a independencia do Tibet respecto a China. Dende 1996 ata 2001 o festival celebrouse nas codades de San Francisco (1996), New York (1997), Washington (1998), Amsterdam, Wisconsin, Sidney e Tokio (1999), e Tokio (2001).
Éste que nos ocupa é un documental dirixido por Sarah Pirozeck sobre a primeira ediciónque tivo lugar os días 15 e 16 de xuño no Golden Gate Park de San Francisco diante de unhas 100.000 persoas e no cal actuaron:
The Smashing Pumpkins, Chaksam-pa, Beastie Boys, A Tribe Called Quest, Pavement, Cibo Matto, Biz Markie, Richie Havens, John Lee Hooker, Red Hot Chili Peppers, Rage Against the Machine, Sonic Youth, Beck, Foo Fighters, Björk, De La Soul, The Fugees, Buddy Guy, The Skatalites, Yoko Ono/Ima.
Concerto de Cypress Hillgravado en Long Beach, California, o 5 de maio de 2005 e no cal repasan todos os seus grandes éxitos, algún deles cantado en español.
Actuación durante a entrega dos American Music Awards de 1999.
¿Quén o diría? A diva Debbie Harry rodeada de catro rapeiros facendo numetal (casi casi). O tema é ‘No Exit’, incluído no disco do mesmo nome e que tamén contiña aquel superhit ‘Maria’.