Posts Tagged ‘hardcore’

‘D.I.Y. OR DIE’, documental online.

agosto 10, 2009

‘D.I.Y. or Die: How to Survive as an Independent Artist’ é un documental de baixo coste dirixido por Michael W. Dean en 2002. O título do filme e os nomes dos capítulos xa din todo sobre o que se trata, non hai máis. 

Inclúe entrevistas a Ian MacKaye, Lydia Lunch, J Mascis, Ron Asheton ou Mike Watt entre outros.

Listado de capítulos:
1. What Is D.I.Y.?
2. Purpose
3. Integrity
4. Commerce
5. Self-Definition
6. Dealing With Adversity
7. Giving Back
8. Who Did What

VERSIÓN ORIXINAL

AT THE DRIVE-IN ‘LIVE IN CHANNEL V’.

agosto 7, 2009

Actuación e entrevista á banda texana At The Drive-In no Channel V australiano en 2001, a cal foi unha das últimas aparicións da banda antes de separarse meses despois, presentando o seu aclamadísimo Relationship Of Command (2000).

SHELLAC ‘LIVE AT PRIMAVERA SOUND 2008’, online.

agosto 6, 2009

Video bootleg correspondente a actuación de Shellac no festival barcelonés Primavera Sound na sua edición de 2008 no cal presentan as cancións do seu último LP Excellent Italian Greyhound.

THE JESUS LIZARD ‘LIVE IN NASHVILLE 2009’, online.

agosto 5, 2009

Concerto dos reunificados (polo momento) The Jesus Lizard hai menos de un mes, o pasado 14 de xullo, no Exit/In de Nashville.

recordando a…big black.

junio 3, 2009

Big Black foron unha banda de punk-hardcore e noise formada por Steve Albini en Chicago no ano 1982.

O seu debut foi o EP Lungs, con Albini gravando case todos os instrumentos coa axuda de John Bohnen ao saxo e bataerías pregrabadas dos teclados Roland (acreditado como un membro da banda). Albini utilizou este EP para reclutar a futuros membros para a banda. Orixinalmente o disco incluía obxectos como billetes de dólar, vendas ensangrentadas, condóns, pistolas de plástico ou follas de afeitar.

Lyle Preslar, guitarrista de Minor Threat, foi membro da banda durante seis meses pero foise por culpa de enfrentamentos con Albini. En 1983 incorpórante Jeff Pezzati e Santiago Durango, ó baixo e á guitarra respectivamente, e gravan dous EP’s máis (Bulldozer e Racer-X). Pouco despois Pezzati deixa a banda e Dave Riley ocupa o seu sitio.

En 1986 aparece o seu primeiro LP titulado Atomizer o cal se fai acompañar de notas que explican as letras das cancións, case todas ofensivas, con un humor sexista e racista. O álbum chegou a ocupar o #187 do Billboard.

Un ano despois a banda abandona Homestead Records, onde gravaran todo o seu material anteriormente, fichan por Touch & Go e lanzar un novo Ep chamado Headache cunha curiosa pegatina na portada “Not as good as Atomizer, so don’t get your hopes up, cheese!”. A nota non era para chamar a atención senon que o grupo creía realmente que o disco non era tan bó coma o anterior.

Pouco despois Durango decide deixar a banda para centrarse nos seus estudios asique todos deciden que é o momento de deixalo e acabar con Big Black. Aínda así volven ó estudio para finalizar o sey segundo e último LP, o aclamado Songs About Fucking o cal incluía covers de Kraftwerk e Cheap Trick. Finalmente cada un tirou polo seu lado.

Pero aquí non rematou a cousa, en 2006 con motivo do 25 aniversario de Touch & Go as tres membros decidiron subirse ó escenario para tocar catro temas . Steve Albini dixo sobre Touch & Go ‘Este selo é o mellor que pasou na música da miña vida’.

‘don’t call me producer’, reportaxe sobre steve albini.

junio 3, 2009

Reportaxe bastante caseiro que atopei no YouTube sobre a carreira de Steve Albini tanto de músico como de productor. Para curiosos e fans de este gran home.

shellac ‘live in chicago 1997’, online.

mayo 13, 2009

Video bootleg dun concerto da banda liderada polo aclamado productor Steve AlbiniShellac. Gravado en Chicago o 27 de xulio de 1997 no Taste Of Lincoln Festival.

SHELLAC ESTARÁN TOCANDO NO ESCENARIO ATP DO PRIMAVERA SOUND ’09 O VENRES 29 Á 01.30 DA MAÑÁ 

the jesus lizard ‘sho(r)t film’, online.

mayo 13, 2009

http://www.myspace.com/thejesuslizard…
The Jesus Lizard formed in 1988 in Chicago, Illinois. After the breakup of Scratch Acid, singer David Yow relocated from Texas to Chicago and teamed up with former Cargo Cult guitarist Duane Denison. Finding his abilities on bass guitar lacking, David Yow recruited ex-Scratch Acid bassist David Wm. Sims for a new project. The trio called themselves The Jesus Lizard; using a drum machine for their earliest recordings and performances, before adding drummer Mac McNeilly after recording their first EP Pure.
In 2009 the reformed for a world tour

THE JESUS LIZARD ESTARÁN TOCANDO O XOVES 28 NO ESCENARIO ATP DO PRIMAVERA SOUND ’09 ÁS 22.30 DA NOITE

the blood brothers ‘live 2002’, online.

abril 28, 2009

Videobootleg dun concerto da extinta banda de hardcore de Seattle, The Blood Brothers gravado en 2002 durante a xira do seu segundo disco March On Electric Children.

minor threat ‘live in philadelphia 1983’, online.

abril 22, 2009

Concerto gravado o de 10 de xuño de 1983 en Philadelphia polos mestres do hardcore, da actitude do it yourself e do movemento straight-edge.

01. Guilty Of Being White 02. Straight Edge 03. Little Friend 04. Bottled Violence 05. Betray 06. Seeing Red 07. I Don’t Wanna Hear It 08. It Follows 09. Stand Up 10. In My Eyes 11. Think Again 12. Out Of Step 13. Steppin’ Stone 14. No Reason 15. Screaming At A Wall 16. Filler 17. Look Back And Laugh 18. Sob Story 19. Small Man Big Mouth 20. Minor Threat 21. 12XU